Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Sluck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSluck
Слуцк (be)
Слуцак (be-tarask) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoSluch River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 53°01′00″N 27°33′00″L / 53.0167, 27.55
EstadoBelarús
Regiões da Bielorrússia (pt) TraducirRexión de Minsk
District of Belarus (en) TraducirSluck District (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Sluck District (en) Traducir (1924–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación60.056 (2024) Editar o valor en Wikidata (2.441,3 hab./km²)
Xeografía
Superficie24,6 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude250 m-149 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal223610 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico1795 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Serpukhov (pt) Traducir
Smolyan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webslutsk.gov.by… Editar o valor en Wikidata

Sluck (en belaruso: Слуцк; en ruso: Слуцк; en polaco: Słuck, en lituano: Sluckas) é unha vila de Belarús situada á beira do río Sluč, a 105 km ao sur de Minsk. En 2010 a súa poboación era de 61.400 habitantes. A vila é o centro administrativo do distrito homónimo, pertencente á rexión de Minsk.

As primeiras mencións da vila datan de 1116, cando era parte do ducado de Turaŭ e Pinsk, mais en 1160 pasou a ser a capital dun ducado separado. A partir dos comezos do século XIV pasou a pertencer ao Gran Ducado de Lituania, e o seu territorio estaba controlado polas familias Olelkovich e Radziwiłł, que fixeron da vila un centro da Igrexa reformada polaca.

Logo da segunda partición de Polonia en 1793, a vila pasou a formar parte do Imperio Ruso. Foi ocupada polo Imperio Alemán en 1918 e pola Segunda República de Polonia entre 1919 e 1920 durante a guerra polaco-soviética.