Teléfono intelixente
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Teléfono intelixente (en inglés smartphone) é un termo comercial para denominar un teléfono móbil que ofrece máis funcións ca un teléfono tradicional, principalmente o acceso a internet, correo electrónico, redes sociais, etc.
Características
[editar | editar a fonte]Case todos os teléfonos intelixentes son móbiles que soportan completamente un cliente de correo electrónico coa funcionalidade completa dun organizador persoal. Unha característica importante de case todos estes teléfonos é que permiten a instalación de programas para incrementar o procesamento de datos e a conectividade.
As aplicacións poden ser desenvolvidas polo fabricante do dispositivo, polo operador ou por un terceiro. O termo intelixente/smart fai referencia a calquera interface, como un teclado QWERTY en miniatura, unha pantalla táctil ou simplemente o sistema operativo móbil que posúe, diferenciando o seu uso mediante unha exclusiva disposición dos menús, teclas, atallos etc.
O completo soporte ao correo electrónico parece ser unha característica indispensábel atopada en todos os modelos existentes e anunciados dende 2007. Case todos os teléfonos intelixentes tamén permiten ao usuario instalar programas adicionais, normalmente inclusive desde terceiros -feito que dota a estes teléfonos de moitísimas aplicacións en diferentes terreos-, pero algúns vendedores gustan de tachar aos seus teléfonos como intelixentes aínda cando non teñen esa característica. Algúns exemplos de teléfonos denominados intelixentes son: Serie MOTO Q de Motorola, Nokia series E, series N e algún modelo da serie X como o X6 BlackBerry, Samsung Galaxy S, iPhone e todos os que teñen o sistema operativo Android, por exemplo: Google Nexus One, Motorola Milestone e Sony Ericsson Xperia Arc.
Entre outras características comúns está a función multitarefa, exceptuando as versións anteriores a iOS 4.0, o acceso a Internet vía Wifi ou 3G, aos programas de axenda, a unha cámara dixital integrada, administración de contactos, acelerómetros, GPS e algúns programas de navegación así como ocasionalmente a habilidade de ler documentos de negocios en variedade de formatos como PDF e Microsoft Office.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teléfono intelixente |