Soft Machine
Soft Machine | |
---|---|
A banda en 2018 | |
Orixe | Canterbury, Inglaterra |
Período | 1966 - 1978 1980 - 1981 1984 2015 - presente |
Xénero(s) | rock progresivo, rock experimental, rock psicodélico, jazz |
Selo(s) discográfico(s) | ABC Probe, Columbia, Harvest, EMI, Major League Productions (MLP) |
Membros | John Marshall Fred Thelonious Baker John Etheridge Theo Travis |
Na rede | |
softmachine.org | |
Soft Machine é unha banda inglesa de rock formada a mediados de 1966 en Canterbury por Robert Wyatt (batería, voces, 1966-1971), Kevin Ayers (baixo, guitarra, voces, 1966-1968), Daevid Allen (guitarra, 1966-1967), Mike Ratledge (órgano, 1966-1976) e Larry Nowlin (guitarra, 1966). Como un grupo fundamental na escena de Canterbury, a banda converteuse nun dos primeiros artistas británicos de música psicodélica, movéndose postariormente cara ao rock progresivo e o jazz fusion.[1] Polas súas cambiantes formacións pasaron músicos como Hugh Hopper (baixo, 1968-1973), Elton Dean (saxofón, 1969-1972),[2] e Andy Summers (guitarra, 1968), e no presente a banda está composta por John Marshall (batería), Fred Thelonious Baker (baixo), John Etheridge (guitarra), e Theo Travis (saxofón, frautas, teclados).
Aínda que conseguiron pouco éxito comercial, Soft Machine son considerados polos críticos moi influíntes na música rock.[3][4][5] Dave Lynch de AllMusic chamouna "unha das bandas máis influíntes da súa época, e sen dúbida un dos grupos underground máis influíntes".[1] O grupo foi bautizado así pola novela The Soft Machine de William S. Burroughs.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Soft Machine | 1968 | ABC Probe, CPLP |
Volume Two | 1969 | ABC Probe, CPLP |
Third | 1970 | CBS, Columbia Records |
Fourth | 1971 | CBS, Columbia Records |
Fifth | 1972 | CBS, Columbia Records |
Six | 1973 | CBS, Columbia Records |
Seven | 1973 | CBS, Columbia Records |
Bundles | 1975 | Harvest Records |
Softs | 1976 | Harvest Records |
Land of Cockayne | 1981 | EMI |
Hidden Details | 2018 | MoonJune Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Soft Machine Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-17.
- ↑ Sutcliffe, Phil (5 March 1991). "Where are they Now? Soft Machine". Q Magazine. 55: 33.
- ↑ Jones, Mikey IQ (2015-03-24). "A beginner's guide to Daevid Allen". Fact Magazine (en inglés). Consultado o 2022-11-17.
- ↑ "Daevid Allen, Guitarist and Singer in Progressive Rock, Dies at 77". The New York Times. Consultado o 17 de novembro de 2022.
- ↑ Lynch, Joe; Lynch, Joe (2015-03-13). "Soft Machine & Gong Co-Founder Daevid Allen Dead at 77". Billboard (en inglés). Consultado o 2022-11-17.