Son de Sol
Son de Sol | |
---|---|
Orixe | Écija, Sevilla , España |
Período | 1999 - presente |
Xénero(s) | Flamenco-pop |
Membros | Sole Esperanza Lola |
Na rede | |
www.sondesol.net | |
Son de Sol é un grupo musical español de flamenco-pop formado por tres irmás (Sole, Esperanza e Lola) de Écija, Sevilla. Foron as elixidas para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión de 2005.
Eurovisión
[editar | editar a fonte]No concurso de preselección nacional, retransmitido por TVE entre o 4 e 5 de marzo de 2005, a súa canción Brujería conseguiu o 24,2% da votación do público, colocándoas por encima das favoritas, Las Supremas de Móstoles, cunha marxe de só un 2,4%. A canción foi producida por Manuel Ruiz (máis coñecido como Queco), que foi responsable do famoso Aserejé de Las Ketchup, e por José Luis de Carlos, habitual de Las Grecas, Isabel Pantoja ou Manzanita nas décadas dos setenta e oitenta.
Debido a que España é un dos principais contribuidores financeiros do Festival da Canción de Eurovisión, a canción de "Son de Sol" foi unha das catorce con pase directo á gran final, que tivo lugar o 21 de maio en Kíiv (Ucraína), e que competiron contra as outras dez cancións da semifinal. Quedaron en vixésima primeira posición, por enriba do Reino Unido, Francia e Alemaña.[1]
Carreira musical
[editar | editar a fonte]Despois de que lanzasen varios discos antes de que se desen a coñecer a nivel nacional grazas a eurovisión, na primavera de 2005 publican Brujería, sendo disco de ouro despois do verán. En 2008 lanzan o seu cuarto disco e segundo a nivel nacional, titulado Directo a ti.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]- De fiesta por sevillanas (1999)
- Callejuela (2002)
- Brujería (2005) #95 ESP
- Directo a ti (2008)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ los 40 (7 de marzo de 2005). "El trío sevillano Son de Sol representará a España en Eurovisión" [O trío sevillano Son de Sol representará a España en Eurovisión] (en español). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2009.
- ↑ ADN (23 de xuño de 2008). "Son de Sol: Temos moita confianza en último disco porque é todos gustos" (en español). Consultado o 27 de outubro de 2009.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web de Son de Sol Arquivado 18 de maio de 2018 en Wayback Machine.
Predecesor: Para llenarme de ti Ramón |
España no Festival de Eurovisión 2005 |
Sucesor: Un Blodymary Las Ketchup |