Soportal
Un soportal[1] é o espazo cuberto que precede á entrada dalgúns edificios[2] que se forma sostendo a parte dianteira do mesmo con columnas ou piares[3]. Adoita denominarse en plural: soportais.
As máis das veces os soportais esténdense nas casas acaroadas de toda unha rúa, un casal (ou rueiro) ou unha praza, e dispóñense ante as entradas e baixo a parte máis adiantada cara a rúa dos andares superiores, permitindo o tránsito cuberto de peóns a través del, paralelamente á propia rúa. A súa forma é a dun cuberto, loxa, atrio ou pórtico alongado; aínda que non se limita á entrada principal (como sucede en pórticos e atrios). Os soportais adoitan percorrer totalmente a fachadadun ou varios edificios; e no caso das rúas asoportaladas ou porticadas continúan en toda a lonxitude da rúa, frecuentemente a ambas as dúas beiras.
Son moi frecuentes na arquitectura rural (non moito na galega) e caracterizan dende a Idade Media as rúas comerciais e prazas principais das cidades históricas de moitos lugares de Europa, España e Galicia, como Santiago de Compostela . Cando non responden a un deseño planificado non hai unidade nas súas dimensión e aspecto (por exemplo, na multiplicidade de elementos sustentantes -columnas, piares ou pés dereitos-). Unhas son alinteladas e outras abovedadas, ou sustentadas en galerías de arcos (arcadas).
Fican vinculados á función comercial co gallo de manter mercadorías e persoas abeiradas da choiva e o sol, por iso son tan útiles na arquitectura urbana galega.
Soportais en Galicia
[editar | editar a fonte]Os soportais son moi comúns na arquitectura urbana de Galicia dende a Idade Media. Aparecen en moitas vilas costeiras cara ás praias e na maior parte de prazas maiores e rúas vellas de vilas e cidades, dende os máis sinxelos alintelados até os máis desenvolvidos con arcos. Non son comúns na arquitectura rural vernácula.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]En Galicia
[editar | editar a fonte]-
Soportais na Praza da Constitución, en Vigo.
-
Cadro do século XIX cos soportais no Berbés, Vigo.
-
Soportais na Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela.
-
Soportais na Praza de María Pita, na Coruña.
-
Soportais na Praza da Leña, en Pontevedra.
-
Rúa de Compostela, Portomarín.
-
Soportais na Praza da Ferrería, Pontevedra.
-
Soportais góticos nunha rúa de Noia.
-
Soportais nunha casa de Lugo.
-
Soportais en Ribadavia.
-
Soportais primitivos en Combarro
-
Soportais do Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.
-
Soportais do Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.
Fóra de Galicia
[editar | editar a fonte]-
Calle Mayor de Palencia.
-
Calle Portales, Logroño.
-
Arcadas eno Pazo Sponza en Dubrovnik.
-
Plaza Mayor de Salamanca
-
Plaza del Castillo, Pamplona.
-
Plaça Reial, Barcelona.
-
Basílica palladiana, Vicenza, Italia.
-
Via Montenapoleone, Milán.
-
Place Saint-Louis (Metz).
-
Place des Vosges, París.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para soportal.
- ↑ Definición en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999
- ↑ "Definición en Portal das Palabras da [RAG]". Consultado o 6 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soportal |