"Surreal" é o single nº17 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 27 de setembro do ano 2000 baixo o selo avex trax. En setembro tamén veriamos o lanzamento de Duty, o seu terceiro álbum en estudio. Duty, como os seus anteriores álbums, alcanzou a cima das listas de vendas e chegou a vender máis de dous millóns de copias. O mesmo día que o single "Surreal" foi lanzado alcanzou a cima das listas como Duty, facendo a Hamasaki o cuarto artista tras Seiko Matsuda, KinKi Kids e Wands, en ter un single e un álbum na primeira posición das listas na mesma semana. Co lanzamento de "Ayumi Hamasaki Concert Tour 2000", e a súa primeira posición nas listas de DVDs, deulle a Ayumi un novo récord, o de ser a primeira artista en dominar as tres listas na mesma semana.