Svarog Patera
Aparencia
Svarog | |
---|---|
Svarog Patera, nunha captura de pantalla do programa NASA World Wind. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Patera |
Accidente xeolóxico de | Ío |
Diámetro | 124,03 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 48,66° S 265,74° O[1] |
Procedencia do nome | Deus ferreiro ruso.[1] |
Svarog Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 124 kms de diámetro e está situado a 48,66° S 265,74° O. O nome de Svarog provén da mitoloxía rusa, onde Svarog era un deus ferreiro, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979.[1][2] Ó norte de Svarog Patera está Lyrcea Planum, ó norte da cal está Babbar Patera. Cara ao sur podemos atopa-lo Silpium Mons, e cara ao leste está Hermes Mensa. En dirección sueste están Pyerun Patera e Epaphus Mensa.[3] Svarog Patera foi un dos puntos quentes detectados grazas á misión Voyager.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Svarog Patera on Io". Consultado o 05-08-2010.
- ↑ lnfm1.sai.msu.su (ed.). "IO NOMENCLATURE". Consultado o 19-10-2007.
- ↑ NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
- ↑ trs-new.jpl.nasa.gov (ed.). "Hot Spots on Io: Initial Results from Galileo’s Near Infrared Mapping Spectrometer" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19-07-2011. Consultado o 20-10-2007.