Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Sven Kramer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSven Kramer

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Heerenveen, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpatinador de velocidade, ciclista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
DeportePatinaxe de velocidade sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivalong track speed skating (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
19 de febreiro de 2022Patinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2022 - Largada coletiva masculina (pt) Traducir (16º)
15 de febreiro de 2022Patinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2022 - Perseguição por equipes masculino (pt) Traducir (4º)
6 de febreiro de 2022Patinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2022 - 5000 m masculino (pt) Traducir (9º)
2018Xogos Olímpicos de Inverno de 2018
22 de febreiro de 2014Patinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014 - Perseguição por equipes masculino (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
18 de febreiro de 2014Patinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014 - 10000 m masculino (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
8 de febreiro de 2014Patinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014 - 5000 m masculino (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
13 de febreiro de 2010Patinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2010 - 5000 m masculino (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
2010Patinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2010 - Perseguição por equipes masculino (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
2006Patinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - Perseguição por equipes masculino (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
2006Patinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - 5000 m masculino (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiYep Kramer Editar o valor en Wikidata
IrmánsBrecht Kramer Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina websvenkramer.nl Editar o valor en Wikidata
Facebook: svenkramer86 Twitter: SvenKramer86 Olympic.org: sven-kramer WikiTree: Kramer-4792 Editar o valor en Wikidata

Sven Kramer, nado en Heerenveen (Frisia) o 23 de abril de 1986, é un patinador de velocidade neerlandés, que foi campión olímpico de 5000 metros en Vancouver 2010 e mais en Sochi 2014.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sven é fillo do patinador de velocidade Yep Kramer, fixo a súa estrea na alta competición no Campionato Mundial Xuvenil de 2004, onde quedou segundo tras do canadense Justin Warsylewicz. En decembro dese ano con 18 anos gañou o Campionato Neerlandés KNSB o que lle permitiu cualificarse para o Campionato Europeo de Patinaxe de Velocidade, logrando alí a medalla de prata. O 19 de novembro de 2005 en Salt Lake City estableceu unha nova marca mundial nos 5000 metros con 6:08.78 e entrou na lista dos dez mellores de todos os tempos, o Adelskalender. No Campionato do Mundo de Patinaxe de Velocidade dese ano logrou a medalla de prata e para rematar o ano foi o campión do Campionato Xuvenil e asinou contrato co equipo neerlandés TVM.

O 11 de febreiro de 2006, gañou a medalla de prata nos 5000 m. nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 en Turín.[1] Kramer tamén participou en persecución por equipos, onde os neerlandeses eran os favoritos pero na semifinal, Kramer tropezou e caeu levando con el a Carl Verheijen, finalmente os Países Baixos serían bronce, levando Kramer a súa segunda medalla nos Xogos. Tamén participou en 1500 m quedando o 15º e en 10.000 m onde foi sétimo. No Campionato Europeo de 2006 en Hamar, Kramer foi cuarto e no Mundial en Calgary, estableceu un novo récord do mundo en 10000 m con 12:51.60.

Na temporada 2006–2007, Kramer gañou as primeiras dúas carreiras de 5000 m da copa do mundo, a segunda en 6:09.78, próxima ao seu récord do mundo, en decembro de 2006 foi de novo campión nacional. O 14 de xaneiro de 2007, Kramer converteuse no campión europeo en Collalbo (Italia), cunha forte competención do gañador de 2006, Enrico Fabris, que gañara as dúas carreiras curtas, mentres Kramer facía o propio coas dúas de longa distancia, pero a súa puntuación foi menor que a de Fabris (148.800 fronte a 149.389), ademais os tempos en 5 e 10 km. foron novos récords mundiais en patinaxe exterior, superando a Fabris e a Jochem Uytdehaage no Adelskalender. O 11 de febreiro Kramer converteuse no campión mundial por vez primeira, conseguindo unha nova marca mundial en 10 km. con 12:49.88.

Nos Campionatos do Mundo de 2007 en Salt Lake City, Kramer participou en 5.000, 10.000 metros e persecución por equipos, gañando os tres e conseguindo récords do mundo en 10.000 e persecución. Kramer converteuse no patinador de velocidade do ano, xunto con Ireen Wüst.[2], e situouse primeiro no Adelskalendar o 17 de novembro de 2007.

Na primeira competición da temporada 2007/2008 Kramer caeu derrotado diante Fabris en 5.000 m., quen ademais estableceu unha nova marca mundial 6.07,40 pero unha semana máis tarde Kramer recuperada o récord con 6.03,32. Por segunda vez Kramer gañou o Campionato Europeo e o 10 de febreiro, tamén por segunda vez converteuse no campión mundial en Berlín. Durante a Copa do Mundo en Hamar Kramer recibiu o premio Oscar Mathisen[3] polos seus catro récords mundiais realizados en 2007. Kramer participou en 1500, 5000, 10000 m., e persecución por equipos. En 1500 metros foi segundo tras do canadense Denny Morrison e gañou as outras tres probas, facéndose así con tres ouros, como o ano anterior. Kramer foi patinador de velocidade do ano por segunda vez, xunto con Paulien van Deutekom en categoría feminina.

Kramer gañou o ouro nos campionatos europeo e mundial de 2009, e por terceira vez foi elixido patinador de velocidade do ano, ademais recibiu o premio Ard Schenk.[4]

Sven Kramer nos Xogos Olímipicos de Vancouver

No campionato europeo celebrado en Hamar en xaneiro de 2010 Kramer levou o ouro por cuarta volta[5]

Nos Xogos Olímpicos de 2010, Kramer era o favorito para gañar tres ouros, como fora o seu compatriota Ard Schenk nos de 1972.[6] Na carreira de 5000 m. logrou a medalla de ouro cun novo récord olímpico de 6:14.60, superando a marca de Jochem Uytdehaage por 0.06 segundos.[7][8]

Na final de 10.000 m. Kramer rematou primeiro, cun tempo de 12:54.50, pero foi descualificado por cometer un erro, como resultado o gañador foi Lee Seung-hoon cun novo récord olímpico, 12:58.55.[9] No Campionato Mundial de 2010 gañou o seu cuarto título consecutivo.[10] e por cuarta vez Kramer foi patinador de velocidade do ano, acompañado en categoría feminina por Ireen Wüst.[11] Pola súa carreira deportiva recibiu o 3 de marzo de 2010 o título de cabaleiro da Orde do León Neerlandés.

Sven Kramer (no centro) gañou o ouro en 5000 m en Sochi

Kramer retirouse da alta competición durante a temporada 2010/2011 debido a unha neuropatía periférica nunha perna, volvendo á competición a primeiros de 2012, conseguindo o seu quinto campionato europeo e mundial, gañando tamén ámbolos dous campionatos en 2013. Nos Xogos Olímpicos de 2014 en Sochi logrou a medalla de ouro en 5.000 m. cun récord olímpico de 6:10.76.[12] Kramer tamén gañou a prata nos 10.000 m.[13]

  1. www.sports-reference.com (ed.). "Sven Kramer Biography". Arquivado dende o orixinal o 12/08/2011. Consultado o 19/02/2014. 
  2. schaatsen.blog.nl, ed. (14 de marzo 2007). "Kramer en Wüst – natúúrlijk- schaatsers van het jaar". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 2010-02-14. 
  3. www.skateresults.com (ed.). "Oscar Winners". Arquivado dende o orixinal o 20/06/2015. Consultado o 12/02/2010. 
  4. Telegraaf, ed. (18 de marzo de 2009). "Kramer voor derde keer de beste". Consultado o 2010-02-15. 
  5. www.rnw.nl, ed. (10 de xaneiro de 2010). "Dutch skater wins fourth European title". Arquivado dende o orixinal o 14/01/2010. Consultado o 12/02/2010. 
  6. BBC News, ed. (13 de febreiro de 2010). "Sven Kramer takes speed skating gold and Olympic record". Consultado o 16 de febreiro de 2010. 
  7. NRC Handelsblad, ed. (15 de febreiro de 2010). "Speed skater Kramer wins first Olympic gold". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2010. Consultado o 17 de febreiro de 2010. 
  8. Olympics on NBC, ed. (14 de febreiro de 2010). "Dutch sensation Kramer claims 5000m gold". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2010. Consultado o 14 de febreiro de 2010. 
  9. ESPN, ed. (23 de febreiro de 2010). "Lee wins gold; Kramer DQed for not switching lanes". Consultado o 24 de febreiro de 2010. 
  10. Toronto SUN, ed. (21 de marzo de 2010). "World Speedskating Championships". Consultado o 2010-03-22. 
  11. Liesbeth Kombrink (23 de marzo de 2010). schaatsen.blog.nl, ed. "Kramer en Wüst schaatsers van het jaar 2010". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2010. Consultado o 23 de marzo de 2010. 
  12. Paul Newberry, "Kramer shakes off pressure, wins another 5000 gold", The Washington Post, 2014. Consultado o 18 de febreiro de 2014.
  13. http://www.sochi2014.com/ (ed.). "Men's 10000 m : Speed Skating Men's 10000 m". Sochi 2014 Winter Olympics. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2014. Consultado o 18 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]