Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Búfalo africano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Syncerus»)
Syncerus caffer
Búfalo africano / Búfalo cafre

Búfalo africano
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo: Bovini
Subtribo: Bubalina
Xénero: Syncerus
Hodgson, 1847
Especie: S. caffer
Nome binomial
Syncerus caffer
Sparrman, 1779
Distribución de Syncerus caffer
Distribución de Syncerus caffer

Distribución de Syncerus caffer
Rspecie (bioloxía)
Véxase o texto

O búfalo africano,[2] ou búfalo cafre (Syncerus caffer) é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos[3] que habita nos bosques e sabanas da África subsahariana, especialmente ao leste do continente.

Características

[editar | editar a fonte]
Parella de búfalos africanos no P. N. do Serengeti, Tanzania.
Búfalo africano macho.
Cranio de búfalo africano.
Manda de búfalos africanos.
Búfalo africano na Ngorongoro Conservation Area, Tanzania.

De corpo moi grande e mazizo, pesado e con patas vigorosas, con aspecto que recorda ao do gando vacún, co fociño grande, ancho, espido e húmido, e cornos moi macizos e unidos nas bases.[4]

O seu tamaño é algo menor ao do seu parente o búfalo aisático (Bubalus bubalis bubalis), con quen comparte subtribo, aínda que segue a ser impoñente, xa que ten unha lonxitude de cabeza e tronco de entre 2,1 e 3,4 m, e unha altura na cruz de entre 1 e 1,7 m,[4][5][6] e pode pesar até 800 ou mesmo 900 kg (os espécimes que viven nas sabanas; os que habitan nas selvas, só até os 320 kg).[4][5][6]

Os cornos, presentes en ambos os sexos, son grosos e moi desenvolvidos, moi anchos nas bases, macizas e soldadas entre si, e curvados cara a arriba nos extremos, rematados en punta. Os das femias están menos desenvolvidos. O tamao dos cornos, a coloracoión xeral e a forma son moi variábeis segundo as subespecies.[4] A envergadura dos cornos (distancia entre as puntas) pode alcanzar nos machos un metro.

As patas son fortes e vigorosas, o pescozo máis ben curto, e o fociño ancho e espido. As orellas son grandes.[4]

O corpo está cuberto cunha pelaxe de cor parda escura ou negra, rara e cos pelos de escasa lonxitude nos adultos (pero ben poboada nos individios novos);[4] os pelos só son longos en todos os espécimes no extremo da cola e nos bordos das orellas. Nos individuos novos a coloración da pelaxe é en xeral máis parda ou avermellada.[4]

Ao igual que na maior parte dos bovinos, esta especie tamén presenta dimorfismo sexual, sendo as femias de menor tamaño, cor máis clara e cos cornos máis pequenos.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Os machoa maduran sexualmente antes que as femias, contra os cinco anos de idade, mentres que as femias alcanzan a madurez aos oito anos.

Os búfalos africanos son animais gregarios, que se agrupan en mandas de tamaño variábel, desde 4 oi 5 individuos nas zonas boscosas de África central, a miles nas sabanas do leste do continente. Os machos ocupan as marxes do grupo, mentres que as femias e as crías (normalmente unha por parto tras unha xestación de 300 a 330 días) concéntranse no interior, onde corren menos perigos. As mandas contan cun grupo de machos vellos que a guían e a alertan dos depredadores.[7]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A área de dispersión do búfalo africano é bastante extensa, pero moi fragmentada. A partir do sur do Sáhara esténdese desde o Senegal ao Sudán, e até Etiopía, abarcando a zona de selva ecuatorial, isto é, por todca a parte central do continente.[8] Polo sur chega até Suráfrica (Véxase mapa na caixa de clasificación na parte superior esquerda do artigo).

Estes ruminantes prefiren as chairas á montaña, e establécense case sempre en zonas nas que abunde a auga, xa que non poden prescindir dela en absoluto; Porén, en casos extremos confórmanse coa lama.[8]

Depredadores

[editar | editar a fonte]

Dado o seu tamaño e o seu mal carácter (sobre todo cando están feridos), os búfalos africanos carecen de depredadores, salvo o home, o león e o crocodilo do Nilo. Os leopardos e as hienas depredan ocasionalmente sobre as crías que se afastan demasiado da manda, aínda que isto no sucede con frecuencia.[6]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero Syncerus foi establecido en 1847 polo administrador colonial, etnólogo e naturalista británico Brian Houghton Hodgson.

O nome Synceus deriva do elemeto de composición do grego antigo συν- syn-, derivado do adverbio σύν sýn, "xuntamente", "á vez", "ao mesmo tempo", e a palabra κέρασ kéras, "corno", aludindo á unión dos cornos destes animais na base.

A especie fora descrita moito antes, en 1779, polo naturalista sueco Anders Erikson Sparrman, baixo o nome de Bos caffer,[9] na páxina 79 da súa obta "Bos Caffer, et nytt Species af Buffel, från Caput Bonæ Spei", publicada en Kongliga Vetenskaps Academiens Handlingar 40 (1-3): 79-84. Estocolmo.[10] Posteriormente foi reclasificada dentro do xénero Syncerus, como Syncerus caffer, nome que se conservou até hoxe.

O nome caffer Sparrman tirouno do portugués antigo cáfer, que á súa vez o tomou do árabe كافر, káfir, "infiel", "incrédulo", que os comerciantes árabes aplicaban aos nativos das rexións bantús de Suráfrica.[11][12]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

A sistemática do búfalo africano suscitou moitas discusións debido á gran variabilidase da especie.[4] Por iso hai diferentes clasifficacións das subespecies, desde aurires que recoñecen só tres, S. c. brachycerus, S. c. caffer e S. c. nanus,[5][13] (véxase o mapa máis arriba) a outros que admien catro, ou cinco, como fan a maioría dos autores, entre eles Wison & Reeder:[3]

  1. "Syncerus caffer". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Sánchez García, L.; M. Vallejo Vicente; A. Iglesia Becerra; F. Álvarez Yebra; M. Fernández Rodríguez e J. M. Salgado López (1992): Razas bovinas autóctonas de Galicia. I Razas morenas galegas (cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa). Recursos xenéticos a conservar. Santiago: Xunta de Galicia.
  3. 3,0 3,1 Wilson & Reeder (2005): Mammal Species of the World. Third edition.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 279-280.
  5. 5,0 5,1 5,2 Haltenorth, R. & Doller, H. (1986), pp. 106-108.
  6. 6,0 6,1 6,2 Nowak, Ronald M. (1999): Walker's mammals of the world. Volume 1, 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  7. Hanák, Vladimír & Mazák, Vratislav (1991): Enciclopedia de los Animales. Mamíferos de todo el Mundo. Madrid: Editorial Susaeta. ISBN 84-305-1967-X.
  8. 8,0 8,1 El Búfalo Cafre (Syncerus caffer) Arquivado 07 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. en Zoowebplus.
  9. Wilson & Reeder (2005): Mammal Species of the World. Third edition
  10. caffer Sparmaen, 1799 described in Bos en AnimalBase page SUB Göttingen. Species taxon symmary.
  11. De cafres e Cafraria, rigor, ofensas e lexicologia en blog de Vítor Santos Lindegaard Svendborg, Fyn, Denmark.
  12. Posteriormente a palabra cafre foi un termo ofensivo para designar a unha persoa de raza negra, especialmente na súa tradución inglesa, kaffir, na África do Sue e outros países africanos, onde é considerado denigrante. Orixinalmente era un termo neutro para designar aos negros africanos. Cafre, ou Cafreal, designa unha hipotética língua do pobo dunha rexión designada como a Cafrería, termo que, nos textos antigos, refírese a unha rexión moi extensa que se poderia definir como a parte coñecida polos europeos da África Austral. Hoxe, o dicionario da RAG dá para cafre estes singificados: cafre adxectivo 1. Da Cafrería (África do Sur) ou dos seus habitantes. 2. coloquial. Salvaxe, bárbaro. (tamén substantivo) 3. substantivo. Persoa natural ou habitante da Cafrería (África do Sur). 4. substantivo masculino. Persoa non musulmá.
  13. Syncerus no NCBI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Xénero Syncerus

[editar | editar a fonte]

Especie Syncerus caffer

[editar | editar a fonte]