Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Tabaré Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTabaré Vázquez

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Tabaré Ramón Vázquez Rosas Editar o valor en Wikidata
17 de xaneiro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Morte6 de decembro de 2020 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCementerio buceo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente temporal de Unasur
1 de marzo de 2015 – 23 de abril de 2016
← José Alberto MujicaNicolás Maduro →
41º Presidente do Uruguai
1 de marzo de 2015 – 1 de marzo de 2020
← José Alberto MujicaLuis Alberto Lacalle Pou →
Presidente temporal de Unasur
4 de decembro de 2014 – sen valor
← Desi BouterseSupresión do cargo →
39º Presidente do Uruguai
1 de marzo de 2005 – 1 de marzo de 2010
← Jorge Batlle IbáñezJosé Alberto Mujica →
Intendant of Montevideo (en) Traducir
5 de maio de 1990 – 5 de maio de 1994 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMontevideo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da República Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, catedrático, médico, oncólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade da República Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSocialist Party of Uruguay (en) Traducir
Fronte Ampla Editar o valor en Wikidata
Participou en
10 de decembro de 2019tomada de posse de Alberto Fernández (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Auxiliadora Delgado Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteTabaré Vázquez, Former President of Uruguay, Dies at 80 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Twitter: TabareVazquez Dialnet: 3487511 Find a Grave: 219477716 Editar o valor en Wikidata

Tabaré Ramón Vázquez Rosas, nado en Montevideo o 17 de xaneiro de 1940 e finado na mesma cidade o 6 de decembro de 2020,[1] foi un político uruguaio, presidente do seu país desde o 1 de marzo de 2005 ata o 1 de marzo de 2010 e de novo dende marzo de 2015 ata 2020. Pertencía á Fronte Ampla.

Tabaré Vázquez tiña ascendencia galega, xa que o seu avó era orixinario de Ourense, e a súa avoa era oriúnda de Santiago de Compostela, emigrando ámbolos dous posteriormente ao Uruguai.[2]

Estivo casado con María Auxiliadora Delgado San Martín. Tiña 4 fillos (Ignacio, Álvaro, Javier e Fabián) e dez netos.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Médico de profesión, obtivo a licenciatura de Medicina no ano 1969 na Universidade da República, coa especialidade de oncoloxía e radioterapia no ano 1972. Ademais dirixiu o Departamento de Radioterapia do Instituto Nacional de oncoloxía do Uruguai e, no ano 1987 foi designado catedrático de oncoloxía e radioterapia.[4]

Entre 1979 e 1989 foi presidente do Club Atlético Progreso, un equipo de fútbol do seu barrio, La Teja, en Montevideo. Baixo a súa presidencia, Progreso gañou o título de campión da Primeira División en 1989. Ademais, valorou candidatarse á presidencia da Asociación Uruguaia de Fútbol pero non foi posible dado que a súa significación política espertou o rexeitamento doutros clubs[5].

Os seus comezos na vida política remóntanse ata o ano 1983 cando se afiliou ó Partido Socialista, sendo elixido no ano 1986 integrante do seu comité Central. Posteriormente, no ano 1989 o Frente Amplio designouno candidato a Intendente da capital uruguaia, gañando as eleccións o ano seguinte e sendo o alcalde da cidade entre os anos 1991 e 1995.[6]

Triunfou na elección presidencial o 31 de outubro de 2004, na que se presentaba como candidato pola coalición de esquerda Encuentro Progresista-Fronte Ampla-Nova Maioría, ao obter a maioría absoluta co 50,45% dos votos emitidos, transformándose no primeiro presidente esquerdista e rompendo coa hexemonía bipartidista do Partido Nacional e o Partido Colorado, que dominaran a historia política uruguaia dende 1830. Asumiu o seu cargo de Presidente Constitucional do Uruguai o 1 de marzo de 2005 e o seu mandato estendeuse até o 1 de marzo do 2010.

  1. Morreu Tabaré Vázquez
  2. "Los mandatarios con raíces gallegas". La Voz de Galicia. 31/01/2019. Consultado o 28/06/2020. 
  3. "Muere María Auxiliadora Delgado". BBC Mundo. 31/07/2019. Consultado o 29/06/2020. 
  4. "Un oncologo de corazón". Sindicato médico del Uruguay. Consultado o 29/06/2020. 
  5. ElPais. "Tabaré Vázquez, Progreso y la AUF: una presidencia exitosa y otra que se le escapó". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2021-03-30. 
  6. "Uruguay ficha país" (PDF). www.exteriores.gob.es. Consultado o 29/06/2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.