Tebas, Grecia
Θήβα (el) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | Decentralized Administration of Thessaly and Central Greece (en) | ||||
Periferias | Grecia Central | ||||
Prefecturas | Beócia (pt) | ||||
Concello | Thiva Municipality (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.545 (2021) (25,96 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 830 km² | ||||
Altitude | 215 m-180 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | II milenio a. C. | ||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32200 | ||||
Prefixo telefónico | 2262 | ||||
Sitio web | thiva.gr |
Tebas (en grego Θῆϐαι) era unha vila grega de Beocia, capital dun domo.
Tebas na mitoloxía
[editar | editar a fonte]Orixes da cidade
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cadmo.
A cidade foi fundada polo Cadmo (ou Cadmos), fillo de Axenor, rei de Tiro (Fenicia) e de Telefasa, e irmán de Europa.
Chegou a Grecia buscando á súa irmá Europa, raptada por Zeus. Ao non atopala, e seguindo o consello do Oráculo de Delfos buscou un lugar onde fundar unha cidade. No sitio previsto, un dragón matou os seus compañeiros pero el venceu ao dragón e sementou os seus dentes, dos que naceron os guerreiros que lle axudaron a fundar a cidade de Tebas.
Xa ancián, o pobo de Tebas rebélase contra el. Xunto coa súa esposa busca refuxio na Iliria, onde foron finalmente transformados en serpes.
O ciclo de Edipo
[editar | editar a fonte]Edipo era fillo dos reis de Tebas Laio e Iocasta. Ao nacer, un oráculo revela que matará o seu pai, ante o cal decídese que morra. Un pastor é o encargado de executalo, pero só o abandona no monte, no que é atopado por outro pastor, este de Corinto, o cal o leva ante os reis de Corinto, que o adoptan dada a súa incapacidade para ter fillos.
Coñecedor da terrible profecía, foxe de Corinto, e nun camiño pelexa e mata a un home, que resulta ser Laio, o seu pai. Chegando a Tebas atopa á Esfinxe, un monstro que se alimenta dos viaxeiros e ten atemorizada a Tebas, que lle propón unha adiviña, Cal é o único animal que na alborada anda con catro pés, ao mediodía con dous pés e á tardiña con tres pés?, que Edipo resolve dicindo que é o home. Edipo salva a vida e a esfinxe suicídase.
Os habitantes de Tebas danlle como mostra de gratitude o trono baleiro e a man da raíña viúva, Iocasta. Xa no trono, as desgrazas que caen sobre a cidade apuntan a un home impío que atrae a cólera dos deuses. Por fin Edipo descobre toda a verdade e cégase polo que fixo. Guiado pola súa filla Antígona diríxese a Colono, alí os seus fillos pelexaran polo seu cadáver, pois será rei quen o posúa.
Máis tarde, Antígona foi condenada a ser enterrada viva como castigo por ter enterrado o cadáver do seu irmán, Polinices, a pesar da prohibición do tirano Creonte.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |