Tempada 1948-49 da BAA
Tipo | National Basketball Association |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | National Basketball Association |
Localización e Datas | |
País | Canadá |
Período de tempo | tempada 1948-1949 |
Intervalo de tempo | 1 de novembro de 1948 – 13 de abril de 1949 |
Competición | |
Primeiro posto | Los Angeles Lakers |
Datos estatísticos | |
Puntos por partido | George Mikan |
A tempada 1948-49 da BAA foi a terceira edición da Basketball Association of America, a liga profesional de baloncesto de Norteamérica que un ano despois sería rebautizada como National Basketball Association (NBA). Nesta tempada fixéronse co título os Minneapolis Lakers, debutantes na liga, vencendo nas finais ós Washington Capitols.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Equipos
[editar | editar a fonte]O número de equipos que formaron parte da liga nesta tempada medrou dende 8 a 12 coa incorporación de 4 novos equipos provenientes da ABL: Minneapolis Lakers, Fort Wayne Pistons, Indianapolis Jets e Rochester Royals.
Equipo | Cidade | Pavillón | Capacidade |
---|---|---|---|
01 - Saint Louis Bombers | Saint Louis | Saint Louis Arena | 14.200 |
02 - Baltimore Bullets | Baltimore | Baltimore Coliseum | 5.500 |
03 - Washington Capitols | Washington | Uline Arena | 7.500 |
04 - Boston Celtics | Boston | Boston Garden | 14.900 |
05 - Indianapolis Jets | Indianápolis | Hinkle Fieldhouse | 10.000 |
06 - New York Knicks | Nova York | Madison Square Garden | 18.500 |
07 - Minneapolis Lakers | Minneapolis | Minneapolis Auditorium | 10.000 |
08 - Fort Wayne Pistons | Fort Wayne | North Side High School Gym | 3.000 |
09 - Rochester Royals | Rochester | Edgerton Park Arena | 3.500 |
10 - Chicago Stags | Chicago | Chicago Stadium | 18.600 |
11 - Providence Steamrollers | Providence | Rhode Island Auditorium | 5.300 |
12 - Philadelphia Warriors | Filadelfia | Philadelphia Arena | 5.500 |
A pesar da ampliación no número de equipos que compoñían a BAA, o certo foi que a liga seguía representando só a un par de zonas do país, á costa norte do Atlántico (División Leste) e ó medio oeste próximo ós Grandes Lagos (División Oeste).
Tempada regular
[editar | editar a fonte]A tempada regular amosou unha salientable superioridade por parte de dous equipos da División Oeste, os Rochester Royals e os Minneapolis Lakers, que remataron por riba do 70% de vitorias. Cada equipo disputou 60 encontros, e por primeira vez os 4 mellores equipos de cada división acadaron o pase para disputar as eliminatorias polo título.
|
|
Playoffs
[editar | editar a fonte]Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
O1 - Rochester Royals | 2 | |||||||||
O4 - Saint Louis Bombers | 0 | |||||||||
O1 - Rochester Royals | 0 | |||||||||
O2 - Minneapolis Lakers | 2 | |||||||||
O3 - Chicago Stags | 0 | |||||||||
O2 - Minneapolis Lakers | 2 | |||||||||
O2 - Minneapolis Lakers | 4 | |||||||||
L1 - Washington Capitols | 2 | |||||||||
L1 - Washington Capitols | 2 | |||||||||
L4 - Phi.Warriors | 0 | |||||||||
L1 - Washington Capitols | 2 | |||||||||
L2 - New York Knicks | 1 | |||||||||
L3 - Baltimore Bullets | 1 | |||||||||
L2 - New York Knicks | 2 | |||||||||
Estatísticas
[editar | editar a fonte]George Mikan foi nesta tempada 1948-49 o líder de anotación da liga con 1.698 puntos anotados (28'3 por encontro), por diante de Joe Fulks con 1.560 puntos (26'0 por encontro) e Max Zaslofsky con 1.197 puntos (20'6 por encontro).
Líderes
[editar | editar a fonte]As estatísticas de anotación, asistencias e porcentaxe de acertos, foron lideradas polos seguintes xogadores:
Categoría | Xogador | Equipo | Valor |
---|---|---|---|
Líder de anotación | George Mikan | Minneapolis Lakers | 1.698 |
Líder de asistencias | Bob Davies | Rochester Royals | 321 |
Líder na porcentaxe de acerto en tiros de campo | Arnie Risen | Rochester Royals | 42'3% |
Líder na porcentaxe de acerto en tiros libres | Bob Feerick | Washington Capitols | 85'9% |
Equipos ideais
[editar | editar a fonte]Max Zaslofsky e Joe Fulks foron elixidos por terceiro ano seguido dentro do primeiro quinteto ideal da BAA.
|
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da NBA (en inglés)
- Tódolos datos sobre a tempada 1948-49 da BAA Arquivado 06 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- George Mikan no Naismith Memorial Basketball Hall of Fame (en inglés)