Teobaldo I de Bar
Nome orixinal | (fr) Thiébaut Ier de Bar |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1158 |
Morte | 13 de febreiro de 1214 (55/56 anos) valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | feudatario |
Outro | |
Título | Count of Bar (en) (1190–1214) |
Familia | House of Scarpone (en) |
Cónxuxe | Ermesenda, Condessa do Luxemburgo (1197 (Gregoriano)–) Ermesinde of Bar-sur-Seine Laurette of Loon |
Fillos | Margarida de Bar () Ermesenda, Condessa do Luxemburgo Agnes of Bar () Ermesinde of Bar-sur-Seine Agnes of Bar () Laurette of Loon Henrique II de Bar () Ermesinde of Bar-sur-Seine Marguerite of Bar () Ermesinde of Bar-sur-Seine Elisabeth de Bar-Mousson () Ermesenda, Condessa do Luxemburgo |
Pais | Rexinaldo II de Bar e Inês de Blois |
Irmáns | Henry I, Count of Bar Reginald of Bar |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Teobaldo I de Bar, nado ao redor de 1158 e finado o 13 de febreiro de 1214, foi conde de Bar de 1190 a 1214 e conde de Luxemburgo de 1197 a 1214. Era fillo de Reinaldo II de Bar e Inés de Champaña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo fillo do conde de Bar, pertenceu pola súa nai á liñaxe dos Teobaldos de Champaña, unha rama enfrontada co Ducado de Lorena a nivel local, e dentro do reino o centro dunha liga de oposición ao rei de Francia Filipe Augusto.
Recibiu en principio as os señoríos de Briey e Stenay no reino de Francia. Participa co seu irmán Henrique I na terceira cruzada e converteuse en Conde de Bar cando este morreu no asedio de San Xoán de Acre (1191).
De volta a Europa, dedícase a aumentar o seu poder territorial, polos seus parentescos e os seus matrimonios. O seu terceiro matrimonio, en 1197, permitiulle adquirir Luxemburgo. Atópase á fronte dun inmenso conxunto territorial entre Francia e o Sacro Imperio Romano Xermánico. Erixiuse en árbitro local e en 1202 o duque de Lorena Simón II asinou un tratado para garantir que se respectasen os seus últimos desexos en relación coa súa sucesión. A cambio, Teobaldo recibiu a soberanía feudal do condado de Vaudémont que lle cedeu o duque de Lorena.
En 1211, foi a Occitania para loitar contra os cátaros, pero desaprobou a cabalgada[1] de Simón IV de Montfort ao condado de Foix, e non o seguiu ata o Quercy, rompendo así a cruzada[2].
Morreu en 1214, pouco antes da batalla de Bouvines. O seu territorio dividiuse en dous, o Barrois e as súas dependencias pasaron ao seu fillo e Luxemburgo foi a Waleran IV de Limburgo, que casou coa súa viúva.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]16. Luís de Montbéliard | ||||||||||||||||
8. Teodorico I de Montbéliard | ||||||||||||||||
17. Sofía de Bar | ||||||||||||||||
4. Reinaldo I de Bar | ||||||||||||||||
18. Guillerme I de Borgoña | ||||||||||||||||
9. Ermentruda de Borgoña | ||||||||||||||||
19. Estevaneta de Borgoña | ||||||||||||||||
2. Reinaldo II de Bar | ||||||||||||||||
20. | ||||||||||||||||
10. Xerardo I de Vaudémont | ||||||||||||||||
21. | ||||||||||||||||
5. Xisela de Vaudémont | ||||||||||||||||
22. | ||||||||||||||||
11. Edwiga de Dagsbourg | ||||||||||||||||
23. | ||||||||||||||||
1. Teobaldo I de Bar | ||||||||||||||||
24. | ||||||||||||||||
12. Estevo II de Blois | ||||||||||||||||
25. | ||||||||||||||||
6. Teobaldo IV de Blois | ||||||||||||||||
26. | ||||||||||||||||
13. Adela de Blois | ||||||||||||||||
27. | ||||||||||||||||
3. Inés de Champaña | ||||||||||||||||
28. Enxelberto I de Ístria | ||||||||||||||||
14. Enxelberto de Caríntia | ||||||||||||||||
29. Edwiga de Saxonia | ||||||||||||||||
7. Matilde de Carintia | ||||||||||||||||
30. Ulrico de Passau | ||||||||||||||||
15. Utta de Passau | ||||||||||||||||
31. | ||||||||||||||||
Matrimonios e fillos
[editar | editar a fonte]Casou en primeiras nupcias en 1176 con Laureta de Loon (m. 1190), filla de Lois I, conde de Loon e de Rieneck, e de Inés de Metz, coa que tivo a:
- Inés (m. 1226), casou en 1189 con Federico II (m. 1213), duque de Lorena.
Casou en segundas nupcias en 1189 con Isabel (1189 - 1211), filla de Guido de Brienne, conde de Bar-sur-Seine e Isabel de Chacenay, da cal tivo a:
- Henrique II (1190 - 1239), conde de Bar.
- Inés, casada con Hugo de Châtillon (m. 1248), conde de Saint-Pol e Blois.
- Margarida, casada en 1221 con Henrique III, conde de Salm (1191 - 1228), e despois con Henrique de Dampierre (m. 1259).
O matrimonio foi anulado en 1195 e casou finalmente en terceiras nupcias en 1197 con Ermesinda I de Luxemburgo (1186-1247), condesa de Luxemburgo, filla de Henrique IV, conde de Luxemburgo e de Namur, e de Inés de Gueldre. Tiveron a:
- Reinaldo, señor de Briey, morto antes de 1214.
- unha filla, morta en 1214.
- Isabel (m. 1262), casada con Waleran de Limburgo (m. 1242), señor de Monschau.
- Margarida, casada con Hugo III († 1243), conde de Vaudémont, e despois con Henrique de Blois, que foi o rexente do condado de Vaudémont.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Theobald I, Graf von Bar" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2007. Consultado o 04 de decembro de 2019.