Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Teoría do calórico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A teoría do calórico foi un modelo co cal se explicou, durante un tempo bastante prolongado, as características e comportamentos físicos da calor. A teoría explica a calor como un fluído hipotético sen peso, o calórico, que impregnaría a materia e sería responsable da súa calor.

Para Lavoisier,[1] as moléculas de todos os corpos da natureza están nun estado de equilibrio, entre a atracción que tende a aproximalas, e a acción do calórico, que tende a separalas. Segundo a súa maior ou menor cantidade de calórico, os corpos son gas, líquido ou sólido.

O calórico difúndese entre os corpos, pasando dun a outro por contacto, incluso entre os seres vivos. As queimaduras producidas por conxelación explicábanse porque o calórico causaría os mesmos danos na pel, tanto ao entrar no corpo como ao saír.

O calórico sería visible no lume, que estaría formado na súa maior parte por dito calórico desprendéndose dos corpos. As distintas substancias presentarían distintas solubilidades para o calórico, o que explicaría a súa distinta calor específica.

A teoría do calórico foi amplamente aceptada, xa que incluso explicaba os experimentos de Joule sobre a equivalencia entre calor e enerxía, interpretando que ao fregar un corpo, romperían as vesículas microscópicas que conteñen o calórico, liberando calor. Mais a teoría foi perdendo adeptos, ao non poder explicar diversos problemas, como a masa nula do calórico, polo que foi abandonada a mediados do século XIX.

Actualmente a calor é considerada como enerxía en tránsito, que cumpre as leis da termodinámica.

  1. Tratado Elemental de Química.1789

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]