Teramo Basket
Teramo Basket | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1973 |
Desaparición | 2012 |
Cores | Branco. vermello |
Himno | Conquista la vittoria |
Localización | |
Cidade | Téramo, Italia |
Pavillón | PalaScapriano |
Capacidade | 3.559 |
Inauguración | 1980 |
O Teramo Basket foi un club de baloncesto italiano con sede na cidade italiana de Téramo, fundado en 1973 e disolto en 2012. Compitiu entre 2003 e 2012 na Serie A da Liga italiana, sendo a súa mellor clasificación o terceiro posto obtido na temporada 2008-09. Grazas a isto competiu ao ano seguinte a nivel europeo, sendo eliminados na fase regular da Eurocup.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi creado en 1973 por Paolo Antonetti, coa denominación AICS (Associazione Italiana Cultura e Sport) Teramo. En 1996 consegue alcanzar a Seria B1, logrando o ascenso á máxima categoría do baloncesto italiano en 2003, onde se mantén desde entón. A súa mellor clasificación foi o terceiro posto alcanzado en 2009. En agosto de 2012, tras non poder facer fronte ás débedas económicas o club desaparece.
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Sanic Teramo (2002–03)
- Navigo.it Teramo (2004–06)
- Siviglia Wear Teramo (2006–08)
- Banca Tercas Teramo (2008–2012)
- Groupama Teramo (2009–2010, en Eurocup)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Xogadores históricos
[editar | editar a fonte]- Hassan Adams 1 temporada: 2008
- Nikoloz Tskitishvili 1 temporada: 2007-2008
- Clay Tucker 1 temporada: 2007
- Tyson Wheeler 1 temporada: 2004-2005