Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Terrence Ross

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTerrence Ross

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Terrence James Elijah Ross Editar o valor en Wikidata
5 de febreiro de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Portland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Washington
Jefferson High School (en) Traducir
Montrose Christian School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura202 cm Editar o valor en Wikidata
Peso88 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo31 Editar o valor en Wikidata
Convocado porToronto Raptors Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Toronto Raptors
2010–2012 Washington Huskies

Twitter: terrenceross Editar o valor en Wikidata

Terrence James Elijah Ross, nado en Portland (Oregón) o 5 de febreiro de 1991, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Instituto

[editar | editar a fonte]

Ross xogou no Jefferson High School en Portland os seus dous primeiros anos de instituto. Coma sophomore, Ross gañou o premio Oregon 5A ó Xogador do Ano, tras liderar a Jefferson a gañar o primeiro de tres campionatos de estado consecutivos. Pasou o súa tempada coma júnior na Montrose Christian School en Rockville, Maryland. Ross volveu ó Jefferson High School no seu derradeiro ano, pero non xogou ó baloncesto.[1]

Traxectoria universitaria

[editar | editar a fonte]

Na primeira tempada de Ross coma xogador universitario, acadou 8 puntos, 2,8 rebotes e 1 asistencias por partido. Foi incluído coma mención honorífica no equipo All-Freshman da Pac-10. Foi incluído tamén no mellor equipo de todo o torneo tras facer 15,3 puntos e 2,7 rebotes por partido no Torneo Pac-10.

Na súa tempada coma sophomore, fixo 16,4 puntos, 6,4 rebotes e 1,4 asistencias por partido. Grazas a esta actuación, Ross formou parte do primeiro Equipo All-Pac-12. Washington chegou ás semifinais do torneo nacional, pero perdeu contra os Minnesota Golden Gophers. Nese torneo, Ross acadou 25 puntos e 5,5 rebotes por partido.[1] O 1 de abril de 2012, Ross decidiu declararse elixible para o Draft da NBA de 2012.[2]

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Ross foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Toronto Raptors.

O 14 de febreiro de 2017, Ross foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2017 ós Orlando Magic a cambio de Serge Ibaka.[3]

  1. 1,0 1,1 "Terrence Ross Profile". gohuskies.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2012. 
  2. "Terrence Ross Declares for NBA Draft". gohuskies.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2012. 
  3. "Magic Acquire Terrence Ross and 2017 First Round Pick From Raptors". NBA.com. 14 de febreiro de 2017. Consultado o 14 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]