Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

The Transporter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Transporter
Ficha técnica
DirectorLouis Leterrier e Corey Yuen
ProdutorLuc Besson
GuiónLuc Besson e Robert Mark Kamen
MúsicaStanley Clarke
FotografíaPierre Morel
DistribuidoraEuropaCorp Distribution (Francia)
20th Century Fox (mundial)
Estrea2 de outubro de 2002
Duración92 minutos
Orixe Francia
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento$21.000.000
Recadación$43.928.932
LinguaInglés
Na rede
http://www.thetransportermovie.net/
IMDB: tt0293662 Filmaffinity: 755854 Allocine: 38825 Rottentomatoes: m/transporter Mojo: transporter Allmovie: v265929 TCM: 437494 Metacritic: movie/the-transporter TV.com: movies/the-transporter Netlix: 60023643 Editar o valor en Wikidata

The Transporter, en inglés; Le Transporteur, en francés, é unha película franco-estadounidense dirixida por Louis Leterrier e Corey Yuen. O seu guionista, Luc Besson, inspirouse na serie de curtos de BMW "The Hire" para crear esta película. Estreouse en Francia o 2 de outubro de 2002 e o 11 de outubro do mesmo ano nos Estados Unidos. Os protagonistas son Jason Statham como Frank Martin e Shu Qi como Lai Kwai. Esta é a primeira película da serie, á que seguiron Transporter 2 e Transporter 3.

Un ex-membro dun corpo especial do exército, Frank Martin, presta os seus servizos de condutor experto a calquera que lle pague ben. En principio el non se implica nos asuntos en que colabora. De feito, este principio non entra dentro das regras cando o paquete que transporta empeza a queixarse e el descobre que está transportando unha muller chinesa. Após abrir o paquete, unha excepción nos seus principios, convértese no albo dunha cuadrilla de gánsteres, á vez que ten que escapar da policía.

Produción

[editar | editar a fonte]

Luc Besson inspirouse na serie de filmes de BMW The Hire para crear o guión de The Transporter.[1] Ao facela el, fíxoa expresamente para Jason Statham, porque estivo impresionado coa súa actuación na película de ciencia ficción The One (2001).[2]

Durante a rodaxe Jason Statham fixo a maioría das súas escenas de risco sen utilizar dobres.[3]

Cabe destacar que, nesta obra cinematográfica, o personaxe de Jason Statham, Frank Martin, especificamente identifica o seu coche como un "BMW 735i negro de 1999". Porén, no comentario do DVD, Jason Statham indica que o coche era un Serie 7 750iL V12 de 1999 con caixa de cambios manual. Durante a historia o personaxe interpretado por Statham roubou máis tarde un Mercedes-Benz W140 SEL 600 V12 AMG (408 hp, 300KW) a Bettencourt como unha compensación pola destrución do seu BMW.[1]