Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Thomas Klestil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas Klestil

(2001) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xullo de 2004 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio central de Viena Editar o valor en Wikidata
10º Presidente de Austria
8 de xullo de 1992 – 6 de xullo de 2004
← Kurt WaldheimHeinz Fischer →
Austrian ambassador to the United States (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
Universidade de Economía e Empresa de Viena - Diploma of Business Administration (en) Traducir, Q24541494 Traducir
Q15431708 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, diplomático, economista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Austríaco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
19 de abril de 19981998 Austrian presidential election (en) Traducir
26 de abril de 19921992 Austrian presidential election (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMargot Klestil-Löffler (1998–2004)
Edith Klestil (1957–1998) Editar o valor en Wikidata
FillosStefan Klestil
 () Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Klestil-3 Find a Grave: 9050050 Editar o valor en Wikidata

Thomas Klestil, nado en Viena o 4 de novembro de 1932 e finado na mesma cidade o 5 de xullo do 2004, foi un diplomático e político, que chegou a Presidente de Austria entre 1992 e 2004.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezos e primeira etapa política

[editar | editar a fonte]

Nado en Viena no seo dunha familia de clase obreira -o seu pai traballou para o tranvía- Klestil foi á escola en Landstraße onde fixo amizade con Joe Zawinul. Os seus estudos superiores realizounos na súa cidade natal na Universidade de Economía de Viena e recibiu o seu doutoramento no ano 1957. Logo da entrada no Servizo Civil traballou en Austria así como no estranxeiro para a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico. Klestil tiña moita fluidez no inglés e conseguiu o cargo de embaixador austríaco nas Nacións Unidas entre 1978 ao 1982) e embaixador nos Estados Unidos (19821987) antes da súa elección como presidente.

Presidencia

[editar | editar a fonte]

Logo de ser elixido polo Partido Popular de Austria á presidencia, para o asombro de todo o mundo, convértese en presidente co 56,9% dos votos e sucede a Kurt Waldheim o 8 de xullo de 1992. Lánzase entón a unha presidencia "activa" como o prometeu durante a campaña electoral, na que se xactaba baixo o lema ‘‘O poder necesita control’’ (Macht braucht Kontrolle).

A partir de 1993 reúne aos xefes de Estado de toda a Europa central. En novembro do ano seguinte (1994), viaxou a Israel, e foi considerado como o primeiro presidente austríaco que visita oficialmente aquel país. No momento dun discurso no Kneset Thomas Klestil é o primeiro xefe de Estado austríaco que recoñece a plena responsabilidade do seu país nas atrocidades cometidas durante a segunda guerra mundial.

En 1994 ocorreu a separación de Klestil da súa esposa Edith, coa cal tivo 3 fillos. Esta noticia é anunciada polo presidente mesmo nun tabloide, ademais o público decátase que o xefe de Estado tiña unha amante desde había anos -feito inaudito en Austria, país marcado por unha moral católica aínda intransixente-. Como, ademais, durante a campaña electoral, Klestil exaltara os valores tradicionais da familia intacta, esta noticia faille perder, e de xeito duradeiro, unha boa parte do apoio do seu electorado católico conservador.

Con todo, en 1998, Klestil é reelixido triunfalmente para un segundo mandato de seis anos con máis do 63% dos votos válidos. O partido socialista non lle opuxo candidato mentres que os conservadores camuflaban a súa confusión con presidente baixo un comité de sostén que reunía a personaxes de diferentes partidos.

Logo da súa reelección, o antagonismo entre Klestil e o seu partido só se intensifica. No momento das eleccións lexislativas de outubro de 1999, o partido cristián-conservador de Wolfgang Schüssel sofre unha dura derrota en proveito do partido "liberal" (aínda que de verdade, populista ultranacionalista), o FPÖ, de Jörg Haider que chega na segunda posición logo dos socialistas. Entón, o presidente Klestil abertamente desexa que a coalición saliente dos socialistas e dos conservadores sexa renovada, xa que non soporta a chegada ao poder de Haider debido á súa mala imaxe no estranxeiro e a que acababa de eloxiar a antigos membros da SS.

O 5 de xullo do 2004, tres días antes de deixar o seu posto, comeza a padecer un leve ataque cardíaco e finalmente morre o día seguinte, o 6 de xullo, ás 22 horas con 33 minutos (hora local) no Allgemeines Krankenhaus (o hospital xeral de Viena) por mor doutro ataque cardíaco máis forte.