Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Tina Trstenjak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTina Trstenjak

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Celje, Eslovenia Editar o valor en Wikidata
Altura1,62 m Editar o valor en Wikidata
Peso65 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónjudoka Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEslovenia Editar o valor en Wikidata
Deportejudo Editar o valor en Wikidata
Participou en
27 de xullo de 2021Judô nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Até 63 kg feminino (pt) Traducir (2ª)../... 25+ Editar o valor en Wikidata
Premios

Instagram: tina_trstenjak Olympic.org: tina-trstenjak Editar o valor en Wikidata

Tina Trstenjak, nada en Celje o 24 de agosto de 1990 é unha judoka eslovena.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Trstenjak competiu entre a elite do judo esloveno dende nova, e xa en 2004 logrou a súa primeira medalla, de bronce, no campionato nacional sub 17 e a partir de 2006 empezou a participar en competicións internacionais, nos campionatos mundiais júnior de 2008 en Bangkok quedou terceira na categoría de ata 57 kg[1]. O seu primeiro éxito internacional absololuto foi en 2012 ao quedar terceira no torneo de Qingdao do circuíto do Grand Prix e consolidou a súa posición dentro da elite europea ao gañar en 2013 a medalla de bronce no Campionato de Europa que se celebrou en Budapest na categoría de ata 63 kg ao vencer a Hilde Drexler[2]. Unha semana máis tarde caeu derrotada pola israelí Yarden Gerbi na final do Grand Slam de Bakú[3] e nos mundiais de Río de Xaneiro dese ano caeu derrotada en cuartos de final tamén pola israelí mais logrou disputar o combate pola medalla de bronce, porén caeu diante a francesa Gévrise Émane[4]. Foi quinta no torneo de París en 2014 e logrou o título de subcampioa de Europa en Montpellier, batida pola francesa Clarisse Agbegnenou[5] e co coa selección eslovena logrou tamén a medalla de bronce por equipos. Nos mundiais de Cheliabinsk de 2014 quedou eliminada por Yarden Gerbi en cuartos de final mais venceu nos dous combates de recuperación contra Martyna Tradjos e Anne-Laure Bellard e puido lograr unha medalla de bronce. Venceu tamén nos torneos de Zagreb e Abú Dhabi, e a fin de ano fíxose co torneo de Toquio logo de bater á italiana Edwige Gwend por un ipoon despois duns poucos segundos de loita[6].

Trstenjak, á dereita de azul, contra a alemá Martyna Trajdos na final dos Xogos Europeos de 2015.

En 2015 fíxose cos torneos de Tiblisi, Zagreb e Budapest, e en xuño gañou unha medalla de prata nos Xogos Europeos tras perder na final con Martyna Tradjos[7]e mais tamén logrou o bronce por equipos. Nos mundiais de Astana venceu a Agbegnenou na final[8]e converteuse na primeira judoka eslovena en obter o título de campioa do mundo[9]. En outubro gañou o torneo de París logo de bater na final á neerlandesa Juul Franssen[10] e no torneo de Toquio venceuna na final Martyna Trajdos[11]. A final de 2015 era a número mundial da súa categoría[12].

2016: medalla de ouro olímpica

[editar | editar a fonte]
Trastenjak, no centro, con Vasilij Žbogard e Peter Kauzer, os outros dous medallistas olímpicos eslovenos de 2016

Trstenjak comezou o ano 2016 co quinto posto no torneo de París, vencida pola xaponesa Miku Tashiro na semifinal e a neerlandesa Anicka van Emden na loita pola medalla de bronce[13] pero no torneo Düsseldorf quedou primeira e no campionato europeo de Kazán en xuño impúxose á austríaca Kathrin Unterwurzacher[14].

Nos Xogos Olímpicos de 2016 de Río de Xaneiro venceu na semifinal á brasileira Mariana Silva[15]. Na final enfrontouse á francesa Clarisse Agbegnenou, e logrou impoñerse por inmobilización[16], a súa vitoria transformouna na segunda campioa olímpica de judo do seu país[17] e en decembro, malia cometer un erro nos cuartos de final e perder o combate, fíxose coa terceira praza no torneo de Toquio ao gañar os dous combates seguintes[18]. Convertida en atleta eslovena do ano 2016 [19] recibiu tamén o premio á judoka do ano 2016 do Comité Olímpico Esloveno polos seus logros [20]e en 2017 recibiu o premio Bloudek ao mellor logro deportivo internacional[21].

En febreiro, competiu no Grand Slam de París e tras gañar todos os combates converteuse na gañadora do torneo. Na final, nunha repetición da final olímpica do ano anterior, enfrontouse coa francesa Clarisse Agbegnenou e derrotouna de novo cun ippon. [22]. A finais de febreiro competiu no Gran Premio de Düsseldorf e esta vez logrou o terceiro posto cunha derrota e tres vitorias, a última contra a británica Lucy Renshaw na loita pola medalla de bronce[23]. O 21 de abril gañou o campionato europeo, que se celebrou en Varsovia, por segunda vez consecutiva despois de derrotar na final á francesa Margaux Pinot[24]

En agosto, competiu no Mundial de Budapest cunha perna lesionada e chegou de novo á final coa Clarisse Agbegnenou e desta vez foi a francesa a que se fixo coa vitoria mentres Trstenjakova quedaba coa prata. Tamén cómpre mencionar a competitiva loita de Tina en semifinais coa chinesa Junxia Yang, á que derrotou tras unha duro combate que se prolongou nove minutos, un tempo extraordinario en judo[25]. En decembro logrou o terceiro posto no torneo de Toquio, repetindo así o logro do ano anterior, fíxoo emparellada con xogadoras locais nos dous últimos combates, para as semifinais perdeu contra Miku Tashiro e logo gañou a batalla polo bronce contra Masako Doi [26].

En setembro de 2018 competiu nos mundiais en Bakú, e levou unha medalla de bronce, a súa cuarta medalla dos campionatos do mundo. [27]. Na última competición do ano, o 15 de decembro na China, impúxose na loita pola medalla de bronce tras derrotar á neerlandesa Juul Fransen[28].

  1. "Tina Trstenjak Judoka". judoinside.com. 
  2. "Agbegnenou adds European title to successful 2013". eju.net. .
  3. "Judo Grand Slam, Baku 2013". worldjudoday.com. 4 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2017. .
  4. "Mondiaux de Judo: Gévrise Emane médaillée de bronze (-63kg)". L'Express. 9 de agosto de 2013. 
  5. "Euro de judo : Agbegnenou titrée, Legrand et Pietri en argent". Le Monde. 25 de abril de 2014. 
  6. "Judo News: Day-2 Results [Grand Slam Tokyo 2014". judotalk.com. 6 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  7. "Jeux européens Bakou 2015 - Le deuxième jour en direct". lespritdujudo.com. 26 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2020. .
  8. "Mondiaux de Judo : deux médailles d'argent pour la France". francetvinfo.fr. 27 de agosto de 2015. .
  9. "Video: Tina Trstenjak prva slovenska svetovna prvakinja v judu!". RTVSLO. 27 de agosto de 2015. 
  10. "Tournoi de paris : Tina Trstenjak en or chez les moins de 63 kg". L'equipe. 17 de outubro de 2015. .
  11. "Trajdos Ends Long Wait For German Success in Tokyo". eju.net. 4 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  12. "2015 IJF Prestige Ranking - Event". judoinside.com. 
  13. "Clarisse Agbegnenou is Paris' golden judo queen". judoinside.com. 6 de febreiro de 2016. .
  14. "Tina Trstenjak championne d'Europe des moins de 63kg". L'Equipe. 22 de abril de 2016. .
  15. "JO de Rio 2016-Judo : Clarisse Abgegnenou en finale, médaille assurée pour la France". europe1.fr. 9 de agosto de 2016. .
  16. "Rio 2016: Clarisse Agbegnenou se contente de la médaille d'argent en judo". Le Parisien. 9 de agosto 2016. .
  17. Chris Gallagher (9 de agosto 2016). "Judo: Slovenia's Trstenjak wins gold, France on the board". Reuters. .
  18. "Trstenjakova na Japonskem do bronastega odličja". RTV SLO. 3 de decembro de 2016. 
  19. "Športniki leta Peter Prevc, Tina Trstenjak in slovenski hokejisti". RTV SLO. 13 de decembro de 2016. 
  20. "Judoista leta Tina Trstenjak in Andraž Jereb". Delo. 18 de xaneiro de 2017. 
  21. ""Bloudka" prejeli Gros, Katanec, Steiner in Trstenjakova". RTV SLO. 14 de febreiro de 2017. 
  22. "Tina Trstenjak zmagovalka grand slama v Parizu". Delo. 11 de febreiro de 2017. 
  23. "Trstenjakova po porazu z Japonko tretja v Düsseldorfu". RTV SLO. 25 de febreiro de 2017. 
  24. "Tina Trstenjak evropska prvakinja". RTV SLO. 21 de abril de 2017. 
  25. "Tina Trstenjak po dveh zlatih tokrat do srebrne kolajne". Dnevnik. 31 de agosto de 2017. 
  26. "Tina Trstenjak tretja v Tokiu, Štarkela izločil poznejši zmagovalec". RTV SLO. 2 de decembro de 2017. 
  27. "Video: Trstenjakova v Bakuju z iponom do brona". RTV SLO. 23 de setembro de 2018. 
  28. "Štangarjeva in Trstenjakova bronasti na Kitajskem". RTV SLO. 15 de decembro de 2018.