Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

TiungSat-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TiungSat-1 / Mysat
TipoObservación terrestre, experimental
OrganizaciónTiung
Contratistas principaisSSTL
Data de lanzamento26 de setembro de 2000[1][2][3]
Foguete portadorDnepr[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][4][5]
Obxectivo da misiónObservación terrestre e proba de novas tecnoloxías.[2][4][5]
NSSDC ID2000-057D
Masa50 kg[4][2]
Datos orbitais
Semieixo maior6959 km[1]
Inclinación64,5°[1]
Apoapse605,5 km[1]
Periapse571,1 km[1]

TiungSat-1, tamén coñecido como Mysat, é un satélite artificial de Malaisia lanzado o 26 de setembro de 2000 a bordo dun foguete Dnepr desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

TiungSat-1 é o primeiro satélite malaisio. Foi construído por SSTL no Centro Espacial de Surrey baixo un contrato de transferencia de coñecementos entre Reino Unido e Malaisia. Os obxectivos do satélite son facer observacións da superficie terrestre, probar comunicacións cun sistema de almacenamento e envío, probar un sistema de transferencia dixital de datos, probar un receptor GPS e levar a cabo un experimento de detección de raios cósmicos.[1][2][4][5]

TiungSat-1 usa frecuencias de radioafeccionado, polo que as imaxes que obtén da Terra poden ser accesibles desde equipos de radioafeccionado en terra. A alimentación eléctrica a proporcionan células solares que cubren os catro lados do satélite, xerando ata 35 W de potencia.[1][2][4][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "TIUNGSAT 1" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Tiungsat 1" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  3. "Note verbale dated 18 January 2002 from the Permanent Mission of Malaysia to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-50720 (E)). 24 de xaneiro de 2002: 3. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "TiungSat 1 (MySat 1, Malaysian-OSCAR 46, MO 46)" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2024). "TiungSat 1" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]