Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Tiy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTiy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1398 a. C. Editar o valor en Wikidata
Akhmim, Exipto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1338 a. C. Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Tebas, Exipto Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKV35 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Faraón
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión exipcia antiga Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloGreat Royal Wife (en) Traducir
Raíña consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía XVIII de Exipto Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAmenofis III Editar o valor en Wikidata
FillosNebetah, Henuttaneb, Iset, A dama nova, Sitamón, Akhenatón, Semenkhkare, Thutmose, Beketaten Editar o valor en Wikidata
PaisYuia Editar o valor en Wikidata  e Tuiu Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnen Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 7718982 Editar o valor en Wikidata
Tiy xunto a Amenhotep III. Fragmento. Museo do Louvre

Tiy, nada c. 1400 a.C. e finada c. 1340 a.C. [1] foi unha raíña exipcia, esposa de Amenhotep III, da dinastía XVIII, e unha das mulleres máis carismáticas da historia exipcia.

Ao contrario que todas as súas predecesoras, as "Grandes Esposas Reais", Tiy non era de liñaxe real, o seu pai, Yuya, procedente de Akhmin era un oficial de alto rango na corte real, obstentando entre outros títulos o de xefe de carros de guerra do faraón, e podería ser de orixe estranxeira[2], mentres que a súa nai, Tuya, era unha alta sacerdotisa do palacio.

Baixorrelevo de Tiy. Mº Berlín

Tiy casou con Amenhotep III logo de este acceder ao trono, aínda os dous nenos. Tiy gozou dun papel prominente, foi a primeira[3] raíña consorte exipcia en aparecer regularmente á beira do faraón en estatuas, relevos, estelas, vasillas, ourivaría en todos os monumentos construídos polo seu marido, e o seu nome foi o primeiro dunha raíña en quedar rexistrado en actos oficiais[4]. Do seu matrimonio naceron cando menos seis fillos, entre eles Akhenatón; dúas das súas fillas, Sitamón e Isis levaron o título de Grande Esposa Real na última década do reinado de Amenhopted, o que aumentaba o status da propia Tiy[5] e outras dúas fillas tiñan tamén o título de esposas real[6]. Sobreviviu ao seu home doce anos e seguiu a manter un papel importante durante a primeira parte do reinado do seu fillo Akhenatón[7]

Vasija cos nomes de Amenhotep III e Tiy

É posible que Tiy recibira sepultura orixinalmente na tumba real de Akhenatón en Amarna, xa que se atoparon os restos dun sarcófago seu nesa tumba; non obstante a súa cámara funeraria atopouse en KV55 e aínda ushabtis (figuras funarias) seus na tumba WV22 de Amenhotep III.[8]

Finalmente en 1898 os seus restos momificados atopounos Victor Loret xunto a outras dúas momias nunha cámara no lado oposto da de Amenhotep II na tumba KV35. As outras momias eran un rapaz de aproximadamente dez anos, e unha muller nova. Os tres estaban xuntos, nunha pequena antecámara da tumba, danados pola acción de antigos ladróns de tumbas[9] Os investigadores non foron quen de identificar os restos, e á máis vella recibiu o nome de “A vella dama” e non foi ata o ano 2010 cando unha análise de ADN confirmou que correspondía coa raíña Tiy.[10]

  1. "Tiy." Encyclopaedia Britannica. , 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2014
  2. O'Connor, David e Cline, Eric (2006) Amenhotep: Perspectives on his Reign, University of Michigan, 1998, p.5
  3. O'Connor, David e Cline, Eric (2006) Amenhotep: Perspectives on his Reign, University of Michigan, 1998, p.6
  4. Tyldesley, Joyce (2006). Chronicle of the Queens of Egypt. London: Thames & Hudson. ISBN 978-0-500-05145-0, p. 118
  5. O'Connor, David e Cline, Eric (2006) Amenhotep: Perspectives on his Reign, University of Michigan, 1998, p.7
  6. Bryan, Betsy M. The 18th Dinasty before the Amarna Period (c.1550-1352) in Ian Shaw (2004) The Oxford history of Ancient Egypt. Oxford University Press: London, pp.259-260
  7. Silverman, David P., Wegner, Josef William e Wegner, Jennifer Houser (2006)Akhenaten and Tutankhamun: Revolution and Restoration UPenn Museum of Archaeology, p.128
  8. Dodson, Aidan; Hilton, Dyan (2004). The Complete Royal Families of Ancient Egypt. London: Thames & Hudson. ISBN 978-0-500-05128-3., p. 157
  9. Hawass Z, Gad YZ, Ismail S, Khairat R, Fathalla D, Hasan N, Ahmed A, Elleithy H, Ball M, Gaballah F, Wasef S, Fateen M, Amer H, Gostner P, Selim A, Zink A, Pusch CM (2010). "Ancestry and Pathology in King Tutankhamun's Family". JAMA : the journal of the American Medical Association 303 (7): 638–47. PMID 20159872. doi:10.1001/jama.2010.121. 
  10. Hawass, Zahi et al. "Ancestry and Pathology in King Tutankhamun's Family" The Journal of the American Medical Association pp.640-641

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]