Torás, A Laracha
Torás | |
---|---|
Capela de San Roque. | |
Concello | A Laracha[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°15′14″N 8°35′08″O / 43.25386359, -8.585592031 |
Área | 5 km² |
Poboación | 3.852 hab. (2018) |
Densidade | 770,4 hab./km² |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San María de Torás é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 3 852 habitantes (1 895 homes e 1 957 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 2 746 habitantes (1 416 mulleres e 1 330 homes).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia atópase a capital municipal, A Laracha. Está situada entre os dous núcleos industriais da zona, Arteixo e Carballo; ademais está próxima á cidade da Coruña e ben comunicada a través da AG-55 e da AC-552.
Estas circunstancias fixeron que experimentase un aumento nos últimos 10 anos, tanto no terreo económico como no de poboación. O crecemento vese reflectido no nivel de servizos dos que dispón: culturais (Casa da Cultura, Biblioteca, Servizos Múltiples...), instalacións deportivas (Polideportivo municipal, Polideportivo IES Agra de Leborís, Piscina Municipal climatizada, Campo de fútbol...), zonas verdes (Área de Ocio Maximino Canedo, O Recreo, Prazas e parques...) e áreas de recreo (Área de Recreo e Praia Fluvial de Gabenlle, Paseo Fluvial de Gabenlle).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A parroquia ten dúas igrexas: a de Santa María de Torás, do século XIX e a igrexa parroquial de Torás, do século XX, ademais da capela de San Roque e Santo Antóno, na torre de Cillobre, situada no lugar das Torres de Cillobre.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Torás
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Torás no concello da Laracha (A Coruña) | |
---|---|
A Barreira | O Campo | A Cheda | Estramil | O Froxo | Gabenlle | A Gándara | A Ganduma | Guilfoi | A Laracha | Leborís | A Miñoteira | Mirón | A Ponte | A Portela | Riotorto | Torás | As Torres de Cillobre | Troa | Vilasuso |
Parroquias da Laracha
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Parroquias de Cabovilaño, Torás e Vilaño. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2016.