Trans World Airlines
Trans World Airlines | ||
---|---|---|
IATA TW | OACI TWA | Indicativo TWA |
Fundación | 1930 (como Transcontinental & Western Air) | |
Inicio das operacións | 1930 | |
Fin das operacións | 1 de decembro de 2001 (mercada por American Airlines) | |
Plan de voo frecuente | Aviators | |
Frota | 190 | |
Destinos | 132 |
Trans World Airlines (TWA) foi unha gran aeroliña estadounidense que existiu dende 1930 ata 2001. Formouse co nome Transcontinental & Western Air para operar unha ruta dende Nova York a Os Ánxeles a través de St. Louis, Kansas City e outras paradas con avións Ford Trimotor. Con American, United e Eastern, foi unha das "Grandes Catro" aeroliñas domésticas dos Estados Unidos formadas na Conferencia Spoils de 1930.[1]
Howard Hughes fíxose co control de TWA en 1939, e despois da segunda guerra mundial liderou a expansión da aeroliña para servie Europa, Oriente Medio e Asia, convertendo a TWA nunha segunda aeroliña nacional non oficial despois de Pan Am.[5][2] Hughes abandonou o control nos anos 60 e os novos xerentes de TWA mercaron Hilton International e Century 21 nun intento de diversificar os negocios da compañía.
Como a Lei de Desregulación Aérea de 1978 provocou unha onda de desaparición de aeroliñas, aparición doutras novas, e adquisicións nos Estados Unidos, TWA foi separada da súa compañía matriz en 1984. Carl Icahn fíxose co control de TWA tomou a compañía de forma privada nunha compra financiada por terceiros en 1988. TWA comezou a embargarse polas súas débedas, vendeu as súas rutas a Londres, experimentou o Capítulo 11 da Lei de quebras reestruturándose en 1992 e 1995, e a súa situación complicouse aínda máis despois do estoupido do voo 800 de TWA en 1996.
En 2001, TWA presentouse por terceira e última vez en bancarrota e foi mercada por American Airlines. American despediu a moitos dos antigos empregados de TWA tras os atentados do 11 de setembro de 2001 e pechou o seu centro de conexións en St. Louis hub en 2003.[3]
TWA tiña a súa sede en Kansas City, Missouri, e planeaba converter o aeroporto de Kansas City no seu principal centro de conexións, tanto nacional como internacional, pero abandonou este plan nos anos 70.[4] Posteriormente a aeroliña desenvolveu o seu maior centro de conexións no aeroporto de St. Louis Lambert. O seu principal centro de conexións transatlántico era o TWA Flight Center no aeroporto internacional John F. Kennedy de Nova York, unha icona arquitectónica deseñada por Eero Saarinen e completada en 1962.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "the start of airlines". www.century-of-flight.net. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-29.
- ↑ Meier, Barry. "Ailing T.W.A. Still a Symbol, and So Perhaps a Target, Abroad" (en inglés). Consultado o 2018-11-29.
- ↑ Grant, Elaine X. (2006-07-28). "TWA - Death Of A Legend" (en inglés). Consultado o 2018-11-29.
- ↑ "The why of KCI: A broken plan that many travelers still love". kansascity (en inglés). Consultado o 2018-11-29.
- ↑ "JFK's Most Famous Terminal May Soon Be Transformed Into a Flashy Hotel". CityLab (en inglés). Consultado o 2018-11-29.