Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Traxicomedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A traxicomedia é unha obra dramática na que se mesturan elementos tráxicos e cómicos.

Na Grecia clásica a traxicomedia (ou "drama satírico") adoitaba tratar un tema lendario, aínda que con efectos cómicos, protagonizados, fundamentalmente, polo coro. Os deuses non interviñan na vida dos homes, e pode haber máis dunha acción ó mesmo tempo. Encóntrase a medio camiño entre a traxedia e a comedia: non se evitan as situacións cómicas, pero tampouco o desenlace tráxico, o que permite reflectir con maior verosimilitude a realidade: figuras de diversos estratos sociais, diferentes rexistros, asuntos elevados e/ou triviais.

Tódolos estudosos consideran a Plauto o pioneiro na obra Anftrión, aínda que o verdadeiro cultivo se iniciou no século XVI.

Os seus moldes estruturais non están fixados; hai tres criterios esenciais:

  • Os personaxes da obra pertencen a capas tanto populares como aristocráticas.
  • A acción seria, incluso dramática, non culmina en catástrofe.
  • O estilo experimenta altibaixos: linguaxe elevada, procedente da traxedia, e linguaxe cotiá, típica da comedia.

Un exemplo de traxicomedia na literatura galega é a obra Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre teatro é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.