Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

True Lies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

True Lies
Ficha técnica
DirectorJames Cameron
ProdutorJames Cameron
Stephanie Austin
GuiónJames Cameron
Baseado enLa Totale! de Claude Zidi
IntérpretesArnold Schwarzenegger
Jamie Lee Curtis
Tom Arnold
Art Malik
Bill Paxton
Tia Carrere
MúsicaBrad Fiedel
FotografíaRussell Carpenter
MontaxeConrad Buff
Mark Goldblatt
Richard A. Harris
EstudioLightstorm Entertainment
Distribuidora20th Century Fox (América do Norte)
Universal Pictures (internacional)
Estrea15 de xullo de 1994
Duración141 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento100.000.000 $[1]
Recadación378.900.000 $[2]
Na rede
IMDB: tt0111503 Filmaffinity: 991501 Allocine: 10644 Rottentomatoes: m/true_lies Mojo: truelies Allmovie: v131240 TCM: 94009 Metacritic: movie/true-lies TV.com: movies/true-lies Netlix: 60029814 Editar o valor en Wikidata

True Lies é un filme estadounidense de 1994 do xénero da comedia de acción, coproducido e dirixido por James Cameron, protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Jamie Lee Curtis, Tom Arnold, Art Malik, Tia Carrere, Bill Paxton, Eliza Dushku, Grant Heslov e Charlton Heston. É un remake da película francesa de 1991 La Totale![3]. A película céntrase no axente do goberno norteamericano Harry Tasker (Schwarzenegger), que conxuga a súa vida como espía coas súas obrigas familiares.

True Lies foi o primeiro proxecto de Lightstorm Entertainment distribuído baixo o acordo multimillonario de Cameron con 20th Century Fox, así como a primeira gran produción de Dixital Domain,  cofundada por Cameron.

Argumento

[editar | editar a fonte]
Arnold Schwarzenegger, o gran protagonista do filme

Harry Tasker leva unha dobre vida. Mentres que a súa esposa Helen e a súa filla Dana cren que é un vendedor de computadoras, realmente traballa como axente encuberto dunha forza antiterrorista coñecida como Sector Omega. Recibe a orde de se infiltrar na mansión alpina dun contrabandista de armas en Suíza. Coa axuda dende fóra dos seus compañeiros Albert "Gib" Gibson (Tom Arnold) e Faisil (Grant Heslov), Harry accede a unha computadora no interior da mansión e faina funcionar para que Faisil entre nos seus ficheiros logrando información sobre o comercio ilegal de armamento nuclear. Durante a misión Harry coñece á vendedora de antigüidades Juno Skinner (Tia Carrere) e baila un tango con ela. Aínda que o descobren consegue saír disparando da mansión.

Tia Carrere interpreta a Juno Skinner, unha anticuaria

Produción

[editar | editar a fonte]
Caza utilizado no filme
Sala de Cristal do Millennium Biltmore Hotel onde se gravaron as escenas do vestíbulo do Hotel Marquis

Schwarzenegger afirmou que durante a rodaxe dunha escena cun cabalo, unha cámara estourou e o cabalo "toleou, xirando e pulando" preto dunha caída de 90 metros. Schwarzenegger rapidamente saltou do cabalo e o especialista Billy D. Lucas colleuno.[4] Cun orzamento de produción de 100.000.000[1][5]-120[6],True Lies  foi a primeira película en chegar os 100 millóns.[7] Filmouse nun período de sete meses.

A masión Rosecliff usouse para as escenas de tango de salón ao comezar o filme. E  o exterior do chalé suízo no que Harry Tasker se infiltra filmouse en Ocre Court[8], ámbalas dúas situadas en Newport. As escenas no vestíbulo do ficticio Hotel Marquis en Washington graváronse na sala de baile de cristal do Milennium Biltmore Hotel no centro dos Ánxeles[9].

Lanzamento

[editar | editar a fonte]

Recepción crítica

[editar | editar a fonte]

Tras a súa estrea en 1994 a película recibiu críticas positivas. Baseándose en 47 críticas recollidas por Rotten Tomatoes, True Lies ten un 72% de aprobación e unha media ponderada de 6.5/10; o consenso do sitio é, "Se ben non alcanza a altura das anteriores colaboracións entre o director James Cameron e o actor Arnold Schwarzenegger, True Lies aínda ten suficiente acción e humor na súa, ás veces absurda, trama para entreter"[10]. Metacritic dálle ao filme un 63 de 100, indicando "boas críticas".[11]

A pesar das críticas positivas, National Review criticouna como sexista, cruel, ou mesmo misóxina polo tratamento dado ás personaxes femininas, así como que o heroe (Schwarzenegger) usase os seus recursos da axencia para perseguir e asustar a súa esposa.[12] Membros da comunidade islámica e árabe percibiron que no filme se transmitiu un forte prexuízo antiárabe ou antiislámico .[13][14][15]

Recadación

[editar | editar a fonte]

O filme foi un éxito de público. A súa estrea foi en 2.368 cines nos  Estados Unidos, chegando ao primeiro lugar na súa fin de semana de estrea, chegando a  25.869.770 dólares e un total de 146.282.411 mentres no resto do mundo lograba 232.600.000. En total 378.88.411 en todo o mundo, a  terceira mellor recadación de 1994.[16]

  1. 1,0 1,1 Fox, D., 1994. Movies: 'True Lies,' 'Forrest Gump' and 'The Lion King' are on target to break a record for non-holiday weekend ticket sales. Los Angeles Times, 18 de xullo de 1994. Dispoñible en http://articles.latimes.com/1994-07-18/entertainment/ca-17141_1_true-lies
  2. "True Lies (1994)". Box Office Mojo. Consultado o 27 de febreiro de 2013. 
  3. "Schwarzenegger Heats Up the Summer with Action-Packed True Lies". Electronic Gaming Monthly (61) (EGM Media, LLC). agosto de 1994. p. 169. 
  4. Schwarzenegger, Arnold. "IamArnold. AMA 2.0.". Reddit. Consultado o 21 de xaneiro 2014. 
  5. Kempley, R., 1994. ‘True Lies’ (R). The Washington Post, 15 de xullo de 1994.
  6. Thompson, Anne. (1994-07-29) 5 True Lies About James Cameron Arquivado 29 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Ew.com
  7. "First film with a $100 million budget". Guinness World Records. Consultado o 2 de febreiro de 2017. 
  8. "Movies Filmed in Newport RI". newport-discovery-guide.com. 
  9. "True Lies". movie-locations.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  10. "True Lies". Rotten Tomatoes. 
  11. lies Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Metacritic.com
  12. John Simon, "True Lies. National Review, 29 de agosto de 1994.
  13. "Names & Faces: "Muslims Protest Schwarzenegger's 'True Lies'", 22 de xullo de 1994. New York Daily News, vía Orlando Sentinel.". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2017. 
  14. "Arab-Americans Protest 'True Lies'" 16 de xullo de 1994, The New York Times.
  15. "Muslim leader wants 'True Lies' banned", 26 de setembro de 1994. The Gainesville Sun, page 3.
  16. 1994 Domestic Grosses. boxofficemojo.com