URBA Top 12
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | União Argentina de Rugby (pt) (1899–1994) Unión de Rugby de Buenos Aires (pt) (1995–) |
Liga inferior | URBA Primera A (en) |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
País | Arxentina |
Vixencia | 1899 – |
Outro | |
Páxina web oficial | urba.org.ar… |
O Torneo da URBA é o campionato de rugby máis antigo e importante da Arxentina, organizado pola Unión de Rugby de Bos Aires dende 1899.
Formato
[editar | editar a fonte]A URBA ten 80 clubs afiliados, divididos en 4 divisións segundo o seu nivel competitivo. Os 24 equipos da máxima categoría divídense en 2 grupos (Zona A e Zona B) cada un con 12 equipos, e disputan unha primeira fase de 11 xornadas. Trala primeira fase clasifícanse os 7 primeiros equipos de cada grupo para disputar o chamado Top 14 da URBA, que é a liga definitiva. No Top 14, partindo de cero, xóganse outras 13 xornadas de liga. Ó remate desta liga, os 6 primeiros da táboa acadan o dereito a disputar as eliminatorias polo título. Nelas enfróntanse primeiro o 3º fronte o 6º e o 4º fronte o 5º. Os dous primeiros da táboa agardan entre tanto para saber cales serán os seus 2 rivais nas semifinais.
Campións
[editar | editar a fonte]Tempada | Campión | Finalista | Resultado |
---|---|---|---|
1998 | Hindú | San Isidro Club | 38–12 |
1999 | San Isidro Club | Atlético del Rosario | 14–9 |
2000 | Atlético del Rosario | CA San Isidro | 35–32 |
2001 | |||
2002 | San Isidro Club | Regatas | 16–10 |
2003 | San Isidro Club | CA San Isidro | 20–9 |
2004 | San Isidro Club | Alumni | 36–16 |
2005 | CA San Isidro | San Isidro Club | 18–17 |
2006 | Hindú | Alumni | 20–5 |
2007 | Hindú | Alumni | 9–6 |
2008 | Hindú | Newman | 22–10 |
2009 | Hindú | CA San Isidro | 31–22 |
2010 | San Isidro Club | La Plata | 30–22 |
2011 | San Isidro Club | Alumni | 14–11 |
2012 | Hindú | La Plata | 15-9 |
2013 | Universitario (BA) | Hindú | 11-9 |
2014 | Hindú | Universitario (BA) | 29-17 |
2015 | Hindú | Universitario (BA) | 24-0 |