Ugíjar
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Granada | ||||
Capital | Ugíjar | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.574 (2023) (38,42 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 67 km² | ||||
Altitude | 559 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María Remedios Álvarez Rodríguez | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 18480 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 18182 | ||||
Páxina web | ugijar.es | ||||
Ugíjar é un concello da comarca da Alpujarra Granadina, na provincia andaluza de Granada.[1] A súa poboación en 2014 era de 2.619 habitantes (1.293 homes e 1.326 mulleres).[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte cos termos municipais de Válor e Nevada, ao leste con Nevada e Alcolea, ao sur con Alcolea e Murtas e ao oeste con Alpujarra de la Sierra e Cádiar. O termo municipal está integrado polo núcleo principal, Ugíjar, coas súas barriadas de Las Canteras e Los Montoros.
Demografía
[editar | editar a fonte]Historia
[editar | editar a fonte]Ugíjar aparece mencionada por primeira vez no século XI nas crónicas de Al-Udri. Elévase ao rango de cidade en 1493.[3] O título concedeullo expresamente pola raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena por Decreto do 1 de maio de 1884.[4] A partir do ano 1972 incorporouse o municipio de Cherín e en 1977 o de Jorairátar.
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio
[editar | editar a fonte]Destaca a Igrexa da Virxe do Martirio, do século XVI, erixida colexiata no ano 1501 por bula do papa Inocencio VIII, por petición dos Reis Católicos, e que foi suprimida no ano 1842, quedando reducida a igrexa parroquial.[5] A portada conserva elementos mudéxares.[3]
O Centro de Patrimonio Cultural de la Alpujarra, na praza dos Caños, é un espazo museístico do patrimonio agroindustrial e da arquitectura tradicional.[3]
Gastronomía
[editar | editar a fonte]Entre os pratos de caza é de salientar a perdiz en escabeche. Son afamados os xamóns. Unha das súas receitas máis orixinais leva un mollo con olivas e bacallau. Tamén son coñecidos os turrón e os viños artesáns da bodega Dominio Buenavista.[3]
Política e goberno
[editar | editar a fonte]A corporación municipal, após as Eleccións Municipais de 2015, está composta por 11 concelleiros (4 do PP e 7 do PSOE-A). O socialista Federico López Maldonado é o actual alcalde.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 58, p. 73.
- ↑ 2,0 2,1 Instituto Nacional de Estadística (INE).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeDIPUGRA
- ↑ Ugíjar: 1er centenario de la concesión del título de ciudad, del 1 al 7 de mayo de 1994, 39 pp.
- ↑ Ruiz Fernández, José (2007). "La conversión de la Virgen del Rosario en “Virgen del Martirio”, Patrona de la Alpujarra" p. 509-527 en Religiosidad Popular. V Jornadas, 2010. ISBN 978-84-8108-485-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ugíjar |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rincón Carmona, Joaquín (1997). Ugíjar, su lugar en la historia: Parroquia Nuestra Señora del Martirio.