Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Uladzimir Karatkievič

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUladzimir Karatkievič

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(be) Уладзімір Сямёнавіч Караткевіч Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Orsha, Belarús (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xullo de 1984 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Minsk, Belarús Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaEastern Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculty of Philology of the State University of Kyiv (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo, escritor, guionista, prosista, mestre, tradutor, poeta, novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor en Wikidata - 1984 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela curta e novela histórica Editar o valor en Wikidata
MovementoFicción histórica Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeValyantsina Karatkyevich Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0466611 Musicbrainz: 878d43c0-22e6-4a7b-8882-97e8d96e5fbd Editar o valor en Wikidata

Uladzimir Karatkievič (en belaruso: Уладзімір Сямёнавіч Караткевіч), nado en Orsha o 26 de novembro de 1930 e finado o 25 de xullo de 1984, foi un escritor belaruso, unha das figuras máis destacables da literatura belarusa da segunda metade do século XX [1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1954 graduouse en filoloxía pola Universidade de Kíiv. Primeiro estivo destinado como profesor de lingua rusa nunha escola nunha aldea da rexión de Kíiv (1954-56) e logo na súa cidade natal (1956-58). Máis tarde, completou cursos de literatura avanzada (1960), e despois de cinematografía (1962), ambos os dous en Moscova e despois converteuse nun escritor profesional. Comezou a escribir moi novo, os seus primeiros poemas, contos e artigos publicounos nunha revista escolar de Orsha durante a posguerra[2]. Mentres estudaba en Kíiv compuxo poemas en belaruso e ruso e escribiu no verán de 1950 primeira versión da que sería a súa grande obra,Дзікае паляванне караля Стаха[3]. En 1951 apareceron na revista do distrito de Orsha Ленінскі прызыў os dous primeiros poemas publicados, «Тут будет канал» (en ruso) e «Якубу Коласу» (en belaruso) aos que lle seguiron tres coleccións de versos. Así e todo foi sobre todo coñecido como narrador, publicou varias coleccións de relatos e catro novelas, a máis coñecida foi Dzikaje paliavannie karalia Stacha (Дзікае паляванне караля Стаха) en 1964. As súas novelas tratan do pasado histórico de Belarús, incluíndo a insurección de xaneiro de 1863 – 1865 sobre a que escribiu Kalasy pad siarpom tvaim (Каласы пад сярпом тваім) que se publicou en 1965. Karatkievič tamén escribiu varias pezas teatrais, ensaios, artigos, guións cinematográficos, e algunhas historias de detectives e de aventuras.

  1. Верабей А. Л. Уладзімір Караткевіч. Жыццё і творчасць / Пад рэд. Гарбачэўскай Т. А. — 2-е. — Мн.: Беларуская навука, 2005. — páx. 3 — ISBN 985-08-0666-4.
  2. Макарэвіч А. М., Яфімава М. Б., і інш. Уладзімір Караткевіч // Беларуская дзіцячая літаратура / Пад рэд. А. М. Макарэвіча, М. Б. Яфімавай. — Мн.: Вышэйшая школа, 2008. — páx. 460 ISBN 978-985-06-1440-7
  3. Верабей А. Л. Уладзімір Караткевіч. Жыццё і творчасць / Пад рэд. Гарбачэўскай Т. А. — 2-е. — Мн.: Беларуская навука, 2005. — páx. 7 — ISBN 985-08-0666-4.