Unión Deportiva Las Palmas
Las Palmas | |||
---|---|---|---|
Nome | Unión Deportiva Las Palmas, SAD | ||
Alcume(s) | Amarillos | ||
Fundación | 22 de agosto de 1949 (75 anos) | ||
Estadio | Gran Canaria, As Palmas, España | ||
Inauguración | 2003 | ||
Capacidade | 32.400 | ||
Presidente | Miguel Ángel Ramírez | ||
Adestrador | Luis Carrión | ||
Liga | Primeira División | ||
2022–23 | 2.º | ||
Na rede | |||
http://www.udlaspalmas.es/ | |||
| |||
A Unión Deportiva Las Palmas, SAD é un club de fútbol español da cidade das Palmas de Gran Canaria, na illa de Gran Canaria, que xoga actualmente na Primeira división española. Estivo 35 tempadas en Primeira División e ostenta a 19.ª posición na Clasificación histórica da Primeira División. O equipo foi subcampión na tempada 1968/69 e xogou a Copa da UEFA en tres ocasións.
O club conta con 11.364 socios[1] e ten 38 peñas oficiais.[2]
A Unión Deportiva Las Palmas fundouse o 22 de agosto de 1949 ó fusionarse 5 equipos locais: o Club Deportivo Gran Canaria, o Atlético Club, o Real Club Victoria, o Arenas Club e o Marino F.C.
Himno
[editar | editar a fonte]O club tivo dous himnos oficiais, sendo o segundo o que máis éxito popular obtivo. O primeiro foi composto por José Trunchado e levaba por título "Arriba de ellos". Gonzalo Monasterio (letra) e Peón Real (música) crearon o actual himno da Unión Deportiva Las Palmas, himno que desde un primeiro momento foi ben acollido pola afección amarela. Este himno gañou en Barcelona o terceiro posto no Festival da Canción Deportiva.[3]
Escudo
[editar | editar a fonte]O escudo ten como base un fondo de zafiro, no centro o escudo da cidade orlado cos escudos dos cinco equipos fundadores. Entre a coroa e o escudo da cidade unha cinta amarela que leva o nome da entidade, a cidade e o arquipélago ao que representa. Entre a orla dos escudos dos cinco clubs fundadores e o escudo da cidade atópase nunha cinta branca o lema "segura ten a palma".
A Unión Deportiva Las Palmas posúe no seu escudo unha coroa e con todo, non é "real", isto débese a que a coroa foi herdada do Real Club Victoria, club fundador.
Uniforme
[editar | editar a fonte]O uniforme da Unión Deportiva Las Palmas, quedou establecido desde o inicio da historia do club, coas cores representativas da illa de Gran Canaria, o amarelo e o azul, que fan alusión á "area loura das praias e ao azul ao océano Atlántico".
- Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón azul, medias amarelas.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón branco e medias vermellas e negras, en homenaxe ao centenario do club fundador Arenas CF.
- Terceiro uniforme: Camiseta cor azul con detalles amarelos, pantalón azul e medias azuis e amarelas.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio de Gran Canaria.
As Palmas xoga todos os seus partidos oficiais no Estadio de Gran Canaria desde a tempada 2003/04. É o sucesor do Estadio Insular, onde xogou os seus partidos o equipo ata a tempada anterior.
Este campo de xogo, situado no barrio de Siete Palmas, ten unha capacidade de 32.665 espectadores, conta con pistas de atletismo e foi inaugurado o 8 de maio de 2003 cun partido que enfrontou á Unión Deportiva Las Palmas co RSC Anderlecht de Bélxica. O encontro terminou co resultado de 2-1 favorable aos amarelos, con goles de Rubén Castro e Alain Nkong.
Outras instalacións
[editar | editar a fonte]As instalacións de Barranco Seco son o lugar habitual de adestramento do primeiro persoal. É un complexo provisto con dous terreos de xogo, un de céspede natural e outro de terra.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 35 (Incluída a 2023/24)
- Tempadas en 2ª: 33
- Tempadas en 2ªB: 6
- Tempadas en 3ª: 1
- Posto na Clasificación histórica de primeira División: 19º
- Mellor posto en 1ª: 2º (tempada 1968-69)
- Peor posto en 1ª: 20º (tempada 1987-88)
- Mellor posto en 2ª: 1º (tempadas 1953-54, 1963-64, 1984-85 e 1999-00)
- Peor posto en 2ª: 20º (tempada 2003-04)
- Partidos en 1ª : 1020.
- Puntos en 1ª : 937.
- Vitorias en 1ª : 345.
- Empates en 1ª : 225.
- Derrotas en 1ª : 450.
- Maiores goleadas conseguidas:
- En 1ª: UD As Palmas 6-0 Hércules (02-10-1955)
- En Copa do Rei: UD As Palmas 11-1 Lalín (25-11-1985)
- Maior goleada encaixada: Atlético de Madrid 9-0 UD As Palmas (20-10-1957)
- Máximo goleador: Germán Dévora (119 goles)
- Participación internacional: 3 veces na Copa da UEFA: (1968/69 na Copa de Feiras, 1972/1973 e 1977/1978)
- Trofeo Pichichi: 2003-2004, Rubén Castro (Segunda División). 2006-2007, Marcos Márquez (Segunda División).
- Trofeo Zamora: 1998-1999, Zeljko Cicovic (Segunda División)
- Trofeo Zarra: 2006-2007, Marcos Márquez (Segunda División).
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do UD Las Palmas.
Cadro actual
[editar | editar a fonte]
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Segunda División (4): 1953–54, 1963–64, 1984–85, 1999–00
- Segunda División B (2): 1992–93, 1995–96
- Subcampión da Primeira División (1): 1968–69
- Subcampión da Copa do Rei (1): 1978
- Semifinalista da Copa do Rei: 1974, 1984, 1997
- Subcampión da Copa da Liga de Segunda División: 1983–84
- Copa do Rei de xuvenís: 1972–73
- Subcampión da Copa do Rei de xuvenís: 1969–70
Torneos amigábeis
[editar | editar a fonte]- Trofeo Ciudad de Las Palmas de Gran Canaria (5): 2000, 2001, 2002, 2006, 2009.
- Torneo de San Ginés (7): 1989, 1993, 1995, 1996, 2005, 2008, 2010, 2011.
- Trofeo Teide (2): 1987, 2006
- Trofeo Ciudad de Almería (2): 1977, 1978
- Trofeo Concepción Arenal (1): 1976
- Memorial Carlos Fuentes (2): 2007, 2010
- Torneo Internacional de Maspalomas (1): 2008
- Torneo Internacional Ciudad de Melilla (1): 1989
- Trofeo Diputación de Córdoba (1): 2009
- Trofeo Ciutat de Tarragona (1): 2011
Filiais
[editar | editar a fonte]Las Palmas Atlético
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: UD Las Palmas Atlético.
Fundado en 1977. Tras o logro conseguido na tempada 2007-08 ascendendo á Segunda B, na temporada 2008-09 descendeu a Terceira División, onde xoga actualmente.
Ata 2010 existiu tamén un segundo filial, o Las Palmas C.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A campaña de abonados cérrase con 11.364 abonados Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine. en UDLP.es
- ↑ Peñas Arquivado 08 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. en UDLP.es
- ↑ Himno Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine. en UDLP.es