Unión Soviética nos Xogos Olímpicos
Unión Soviética nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | URS | ||||
Comité nacional | Comité Olímpico Soviético | ||||
Medalleiro |
|
A Unión Soviética participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, e competiu posteriormente nos Xogos en 18 ocasións. En seis das súas nove aparicións nos Xogos de Verán, o equipo soviético clasificouse no primeiro posto no número total de medallas de ouro, quedando segundo no número total de medallas. De xeito semellante, o equipo clasificouse no primeiro posto en sete ocasións nos Xogos Olímpicos de Inverno. O éxito da Unión Soviética nos Xogos atribúese ao investimento do estado nos deportes como parte dunha axenda política no escenario internacional.[1]
Despois da Revolución Rusa de novembro de 1917 e a guerra civil rusa (1917–1922), a Unión Soviética non participou en eventos deportivos internacionais por motivos ideolóxicos;[2] porén, despois da segunda guerra mundial (1939–1945), dominar os Xogos Olímpicos foi considerado polo oficiais e líderes soviéticos como un método útil para promocionar o comunismo.[3] O Comité Olímpico da Unión Soviética foi creado o 21 de abril de 1951, e o Comité Olímpico Internacional recoñeceuno na 45ª sesión do COI (7 de maio de 1951). Ese mesmo ano, o representante soviético Konstantin Andrianov converteuse en membro do COI e a Unión Soviética uniuse oficialmente ao Movemento Olímpico.
Táboas coas medallas
[editar | editar a fonte]Medallas nos Xogos de Verán
[editar | editar a fonte]Xogos | Deportistas | Ouro | Prata | Bronce | Total | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
Helsinqui 1952 | 295 | 22 | 30 | 19 | 71 | 2 |
Melbourne 1956 | 283 | 37 | 29 | 32 | 98 | 1 |
Roma 1960 | 284 | 43 | 29 | 31 | 103 | 1 |
Toquio 1964 | 319 | 30 | 31 | 35 | 96 | 2 |
Cidade de México 1968 | 313 | 29 | 32 | 30 | 91 | 2 |
Múnic 1972 | 373 | 50 | 27 | 22 | 99 | 1 |
Montreal 1976 | 410 | 49 | 41 | 35 | 125 | 1 |
Moscova 1980 | 489 | 80 | 69 | 46 | 195 | 1 |
Os Ánxeles 1984 | non participou | |||||
Seúl 1988 | 481 | 55 | 31 | 46 | 132 | 1 |
Total | 395 | 319 | 296 | 1010 | 2 |
Medallas nos Xogos de Inverno
[editar | editar a fonte]Xogos | Deportistas | Ouro | Prata | Bronce | Total | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
Cortina d'Ampezzo 1956 | 55 | 7 | 3 | 6 | 16 | 1 |
Squaw Valley 1960 | 62 | 7 | 5 | 9 | 21 | 1 |
Innsbruck 1964 | 69 | 11 | 8 | 6 | 25 | 1 |
Grenoble 1968 | 74 | 5 | 5 | 3 | 13 | 2 |
Sapporo 1972 | 78 | 8 | 5 | 3 | 16 | 1 |
Innsbruck 1976 | 79 | 13 | 6 | 8 | 27 | 1 |
Lake Placid 1980 | 86 | 10 | 6 | 6 | 22 | 1 |
Saraxevo 1984 | 99 | 6 | 10 | 9 | 25 | 2 |
Calgary 1988 | 101 | 11 | 9 | 9 | 29 | 1 |
Total | 78 | 57 | 59 | 194 | 4 |
Medallas por deporte
[editar | editar a fonte]- Xogos de Verán
Deporte | Ouro | Prata | Bronce | Total |
---|---|---|---|---|
Ximnasia | 73 | 67 | 44 | 184 |
Atletismo | 64 | 55 | 74 | 193 |
Loita | 62 | 31 | 23 | 116 |
Halterofilia | 39 | 21 | 2 | 62 |
Piragüismo | 29 | 13 | 9 | 51 |
Esgrima | 18 | 15 | 16 | 49 |
Tiro | 17 | 15 | 17 | 49 |
Boxeo | 14 | 19 | 18 | 51 |
Natación | 12 | 21 | 26 | 59 |
Remo | 12 | 20 | 10 | 42 |
Ciclismo | 11 | 4 | 9 | 24 |
Voleibol | 7 | 4 | 1 | 12 |
Hípica | 6 | 5 | 4 | 15 |
Judo | 5 | 5 | 13 | 23 |
Péntatlon moderno | 5 | 5 | 5 | 15 |
Vela | 4 | 5 | 3 | 12 |
Saltos | 4 | 4 | 6 | 14 |
Balonmán | 4 | 1 | 1 | 6 |
Baloncesto | 2 | 4 | 2 | 8 |
Wáter-polo | 2 | 2 | 3 | 7 |
Fútbol | 2 | 0 | 3 | 5 |
Tiro con arco | 1 | 3 | 3 | 7 |
Hóckey sobre herba | 0 | 0 | 2 | 2 |
Total | 393 | 319 | 294 | 1006 |
- Xogos de Inverno
Deporte | Ouro | Prata | Bronce | Total |
---|---|---|---|---|
Esquí de fondo | 25 | 22 | 21 | 68 |
Patinaxe de velocidade | 24 | 17 | 19 | 60 |
Patinaxe artística | 10 | 9 | 5 | 24 |
Bíatlon | 9 | 5 | 5 | 19 |
Hóckey sobre xeo | 7 | 1 | 1 | 9 |
Luge | 1 | 2 | 3 | 6 |
Bobsleigh | 1 | 0 | 2 | 3 |
Salto de esquí | 1 | 0 | 0 | 1 |
Combinada nórdica | 0 | 1 | 2 | 3 |
Esquí alpino | 0 | 0 | 1 | 1 |
Total | 78 | 57 | 59 | 194 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tyler Benson (ed.). "The Role of Sports in The Soviet Union". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2020.
- ↑ Keys, Barbara J. (2006), Globalizing Sport: National Rivalry and International Community in the 1930s, Harvard University Press, Cambridge, Massachusetts, ISBN 0-674-02326-9 (p. 159)
- ↑ O'Mahony, Mike (2006), Sport in the USSR: Physical Culture—Visual Culture, Reaktion Books Ltd, Londres, ISBN 1-86189-267-5 (p. 19)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Olympic Results". International Olympic Committee.
- "Unión Soviética". Olympedia.com.