Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

VietJet Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
IATA
-
OACI
-
Indicativo
-
Fundación2007

VietJet Air é unha aeroliña vietnamita. Foi fundada en 2007 e comezou a operar en 2011. Ten a súa sede en Hanoi, e o centro da actividade está en Saigón. Ten voos para a maioría dos aeroportos de Vietnam e algúns aeroportos internacionais.

É a cuarta aeroliña do mundo en tráfico doméstico. Dende os seus dous principais centros de operacións nos aeroportos de Cidade Ho Chi Minh Tan Son Nhat e Hanoi Noi Bai, a aeroliña voa a 17 destinos usando 18 avións.

VietJet Air voa a 18 destinos en seis países distintos de todo o mundo. Mantén unha forte presenza no mercado doméstico cos seus centros de conexión principais no Aeroporto Internacional de Tân Sơn Nhất, no Aeroporto Internacional de Nội Bài, o Aeroporto Internacional de Da Nang e o Aeroporto Internacional de Phú Bài, Aeroporto de Vinh, Aeroporto Internacional de Phú Quốc xunto con outras cidades centrais como Da Lat, Nha Trang, Quy Nhon, Hai Phong, Buon Me Thuot, Can Tho, Thanh Hoa e Dong Hoi. Os plans da aeroliña pasan por continuar desenvolvendo Huế e Vinh como centros de conexión ademais de explotar o potencial do mercado doméstico.

Frota de VietJet Air (a 14/2/2015):[1]

VietJet Air Airbus A320.
Frota de VietJet Air
Aeronave Existencias Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 19 48 180 Alugados de ALAFCO, GECAS, Ansett Worldwide Aviation Services (AWAS), CIT Group
Airbus A320neo 0 42[2] por determinar
Airbus A321-200 0 7[2] 220
Total 19 97
  1. "VietJetAir Fleet Details and History". Planespotters.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 4 de xaneiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "VietJetAir finalises major A320 Family order". Airbus.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2015.