Vivien Leigh
(1939) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Vivian Mary Hartley 5 de novembro de 1913 Darjeeling (India) |
Morte | 8 de xullo de 1967 (53 anos) Eaton Square, Reino Unido (en) |
Causa da morte | tuberculose |
Educación | Royal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1934) Woldingham School (pt) Loreto Convent (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de teatro, actriz |
Período de actividade | 1935 - |
Familia | |
Cónxuxe | Laurence Olivier (1940–1960) Herbert Leigh Holman (1932, 1931–1940) |
Parella | John Merivale (1960–1967) |
Fillos | Suzanne Farrington () Herbert Leigh Holman |
Pai | Ernest Richard Hartley |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, A historical dictionary of British women (en) , (p.273) |
|
Vivian Mary Hartley, nada en Darjeeling, India o 5 de novembro de 1913 e finada en East Sussex o 8 de xullo de 1967, foi unha actriz de cinema e teatro británica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na St. Paul’s School en Darjeeling, India, filla dun oficial de cabalería inglés. Con seis anos foi enviada a estudar ao Reino Unido. Cando contou aos seus pais que desexaba converterse en actriz, apuntárona na Royal Academy of Dramatic Art de Londres.
En 1932 casou cun compañeiro, trece anos maior, Leigh Holman, e pouco despois debutou cun pequeno papel nun filme e conseguiu un axente. Este foi quen lle suxeriu que o nome de “Vivian Holman” non era axeitado, decidíndose a usar como nome artístico “Vivien Leigh”, collendo o nome de pía do seu marido.
Grazas a participar en producións de Alexander Korda coñeceu a Laurence Olivier, co que comezou un romance mentres actuaban en 1937 en Fire Over England, mentres aínda ámbolos dous estaban casados.
En 1939 interpretou o papel de Scarlett O’Hara en Foise co vento, que lle valeu o seu primeiro Óscar.
En 1940, casou con Laurence Olivier en Santa Barbara, California. Volveron a Europa en 1943, onde Leigh actuaría para os soldados, antes de pasar unha tempada no hospital por tuberculose. Ao pouco tempo sufriu tamén un aborto que a levaría a unha fonda depresión.
En 1946 volveu ao traballou con obras de éxito, como A Streetcar Named Desire, de Tennessee Williams. Repetiría o personaxe de Blanche DuBois na versión cinematográfica, coa que gañou de novo o oscar, entre outros premios.
Nos anos seguintes a súa saúde empeorou, así como a súa relación con Olivier, do que se divorciou en 1960. A pesar da axuda da súa nova parella, o actor Jack Merivale acabou volvendo a tuberculose e finou en 1967.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1935 | The Village Squire |
1935 | Things are looking up |
1935 | Look Up and Laugh |
1935 | Gentlement’s Agreement |
1937 | Fire Over England |
1937 | Dark Journey |
1937 | Storm in a Teacup |
1938 | A Yank at Oxford |
1938 | Sidewalks of London |
1939 | Foise co vento |
1940 | 21 Days |
1940 | Waterloo Bridge |
1941 | That Hamilton Woman |
1945 | Caesar and Cleopatra |
1948 | Anna Karenina |
1951 | A Streetcar Named Desire |
1955 | The Deep Blue Sea |
1961 | The Roman Spring of Mrs. Stone |
1965 | Ship of Fools |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vivien Leigh |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vivien Leigh na IMDb (en inglés).