Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Vjosa Osmani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVjosa Osmani

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Mitrovica Editar o valor en Wikidata
Presidente do Cosovo (pt) Traducir
4 de abril de 2021 –
← Glauk Konjufca
Presidente do Cosovo (pt) Traducir presidenta interina
5 de novembro de 2020 – 22 de marzo de 2021
← Hashim ThaçiGlauk Konjufca →
Chairman of the Assembly of Kosovo (en) Traducir
3 de febreiro de 2020 – 22 de marzo de 2021
← Glauk KonjufcaGlauk Konjufca →
Member of the Assembly of Kosovo (en) Traducir
12 de decembro de 2010 – 4 de abril de 2021 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Pristina (pt) Traducir
University of Pittsburgh School of Law (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoGuxo (2021–sen valor)
Liga Democrática de Kosovo (–2020) Editar o valor en Wikidata
Participou en
IMF 2018 Annual Meetings (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Facebook: VjosaOsmaniMP Twitter: VjosaOsmaniPRKS Instagram: vjosa.osmani Editar o valor en Wikidata

Vjosa Osmani-Sadriu, nada o en Mitrovica o 17 de maio de 1982, é unha xurista e política kosovar, que exerce como a quinta e actual presidenta de Kosovo dende o 4 de abril de 2021 [1] [2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vjosa Osmani veu á luz na entón denominada Mitrovica e Titos que formaba parte de Iugoslavia no seo dunha familia de etnia albanesa[3] medrou con catro irmáns, e completou a súa educación primaria e secundaria na súa cidade natal [4]. Osmani era adolescente durante a Guerra de Kosovo e os soldados chegaron a asaltar a casa familiar armados con AK-47 [5].

Osmani licenciouse en dereito na Universidade de Pristina [6], despois continuou os estudos de posgrao na Universidade de Pittsburgh, e logrou en 2005 un mestrado en dereito e en 2015 un doutoramento en ciencia xurídica. A súa tese de doutoramento versou sobre a aplicación da Convención das Nacións Unidas sobre Contratos para a Venda Internacional de Mercadorías en Kosovo, ao evolucionar o status legal de Kosovo dende a súa entrada en vigor en 1988.

Osmani foi dende 2006 profesora asistente na Universidade de Pristina [7], lectora no RIT Kosovo dende 2010, [7][4] e profesora visitante en 2009, 2010 e 2015 na Universidade de Pittsburgh, que lle outorgou o premio Sheth International Young Alumni Achievement en 2017 [8].

Política

[editar | editar a fonte]
Osmani como intérprete durante unha recepción en Nova York do presidente Barack Obama e a primeira dama Michelle Obama pco presidente de Kosovo Fatmir Sejdiu e máis a súa dona Nezafete Sejdiu

Osmani principiou a súa actividade política na adolescencia, como activista da formación de centrodereita Liga Democrática de Kosovo (LDK). O 27 de agosto de 2009 o entón presidente Fatmir Sejdiu [4] elixiuna como xefa do seu gabinete. Osmani tamén serviu como asesora xurídica e máis de política exterior do presidente. [8]. O 12 de decembro de 2010 accedeu por primeira volta á Asemblea de Kosovo e permaneceu durante tres mandatos, ata o 4 de abril de 2021 [8][4].

Osmani contribuíu á independencia de Kosovo como representante do presidente na Comisión da Constitución, o órgano que elaborou a constitución de Kosovo. Representou a Kosovo nun caso na Corte Internacional de Xustiza, e alí defendeu a legalidade da independencia de Kosovo [9].

Como parte das súas funcións parlamentarias exerceu como presidenta da Comisión de Asuntos Exteriores, Diáspora e Investimentos Estratéxicos e máis da Comisión de Integración Europea. Tamén actuou como vicepresidenta do Comité de Reformas Constitucionais de Kosovo[8]. En 2014 Osmani enfrontouse coa dirección do LDK, incluído o líder do partido Isa Mustafa, ao criticar ao LDK por formar un goberno de coalición co seu histórico rival, o Partido Democrático de Kosovo (PDK), incumprindo os compromisos realizados [10] [11]. Osmani tamén boicoteou a elección do presidente en 2016 e na que no marco do acordo de coalición a Asemblea elixiu o líder do PDK, Hashim Thaçi [10] [12]

Eleccións de 2019

[editar | editar a fonte]

O LDK considerouna para o posto de primeira ministra de Kosovo nas eleccións parlamentarias anticipadas de 2019 [9] e durante campaña electoral, a propia Osmani afirmou que o pobo kosovar estaba preparado para ter unha muller como primeira ministra e que iría loitar contra da corrupción e facer reformas en favor do libre mercado [13] [14]. Así e todo, perdeu as eleccións ante Albin Kurti, líder do partido de esquerdas antisistema Vetëvendosje, e recibiu 176.016 votos.

Presidenta da Asemblea

[editar | editar a fonte]
Osmani con Mark Green, administrador da Axencia para o Desenvolvemento Internacional dos Estados Unidos, e o antigo primeiro ministro Mustafa en Pristina en 2019

Logo de establecerse un acordo de goberno entre Vetëvendosje! e máis o LDK, ela convértese na presidenta da Asemblea de Kosovo o 3 de febreiro de 2020.

O 20 de xuño de 2020 a Osmani destituírona como vicelíder do seu partido, logo do líder do LDK, Mustafa, pedise a súa destitución por mor da oposición pública ás decisións tomadas polo partido. [11] [15]. O primeiro ministro Avdullah Hoti substituíuno como número dous do partido [11]. O 7 de setembro Osmani deixou o LDK e afirmou que o partido non lle deixara opción, mais engadiu que volvería se o partido se reformaba [16] [17].

Presidenta en funcións

[editar | editar a fonte]

En 2020 Osmani converteuse na presidenta en funcións de Kosovo despois do presidente Thaçi dimitir por unha acusación do Tribunal Especial para Kosovo na Haia[18].

Como preparación para as eleccións parlamentarias de Kosovo de 2021, Osmani anunciou o 2 de xaneiro de 2021 que ía fundar un partido político, Guxo [19] e axuntouse co partido Vetëvendosje de Kurti nunha plataforma anticorrupción, ambos os dous partidos lograron vitorias contundentes, e Osmani recibiu persoalmente máis de 300.000 votos[18]. Nesas eleccións aumentou o peso das mulleres, ao lograr un terzo dos escanos e seis postos de quince no gabinete, algo que non tiña precedente [18].

Pola contra, o LDK, o antigo partido de Osmani, foille moi mal nas eleccións, tal e como prognosticaran varios membros do LDK que criticaran publicamente o cesamento de Osmani en 2020 [20] [11] [21], quedou terceiro coa perda da metade dos seus deputados, e o líder do partido Mustafá cesou o 14 de marzo[22] [23] [24].

Presidencia

[editar | editar a fonte]
Osmani co secretario de Estado estadounidense Antony Blinken (centro) e o primeiro ministro de Kosovo, Albin Kurti (dereita) en 2022

O 4 de abril de 2021 a asemblea elixiuna como presidenta de Kosovo na terceira rolda de votacións [2] [6]. Aínda que á votación non acodiron dous partidos da oposición nin a Lista Serbia, 82 dos 120 parlamentarios votaron no segundo día da sesión extraordinaria [25] [18][26]. Así e todo, algún dos deputados da oposición non participou no boicot [27] e Osmani logrou 71 votos, houbo tamén 11 votos inválidos, e xa que logo, ao obter a maioría suficiente xurou por un mandato de cinco anos, converténdose na segunda muller en asumir a Kosovo[25][6]. Osmani afirmou que esperaba normalizar as relacións entre Kosovo e Serbia, ao tempo que pediu as desculpas de Belgrado pola guerra que levou á declaración de independencia de Kosovo e o procesametno dos que cometeran crimes de guerra [2][25].

Como esixe a lexislación kosovar, antes de xurar o cargo, Osmani deixou a dirección do seu partido [28] [29] [30] e a nova ministra de Asuntos Exteriores Donika Gërvalla substituíuna á fronte de Guxo [31].

  1. "Kurti kandidat i VV-së për kryeministër, Osmani për presidente". Koha. 14 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Kosovo MPs elect Vjosa Osmani as president". Deutsche Welle. 4 de abril de 2021. 
  3. "Vjosa Osmani: A risk-taker with principles". Deutsche Welle. 16 de setembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Vjosa Osmani is elected President of Kosovo". Class. 5 de abril de 2021. 
  5. Callaghan, Louise (9 de xaneiro de 2021). "Shaped by Kosovo's war, Vjosa Osmani won't blink in her battle to cut out the rot". The Times. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Kosovo’s parliament elects Vjosa Osmani as president". Anadolu. 4 de abril de 2021. 
  7. 7,0 7,1 "CV Osmani" (PDF). juridiku.uni-pr.edu. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 08 de xaneiro de 2023. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Vjosa Osmani". www.ucis.pitt.edu. 
  9. 9,0 9,1 "Vjosa Osmani, femra e parë si kandidate për kryeministre, e diplomuar në SHBA". Vlora News. 25 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2019. Consultado o 08 de xaneiro de 2023. 
  10. 10,0 10,1 "Winners and losers as new era of Kosovar politics dawns". Kosovo 2.0. 8 de outubro de 2010. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 "LDK remove Vjosa Osmani from party leadership". Prishtina Insight. 20 de xuño de 2020. 
  12. "Hashim Thaci elected Kosovo's new president amid tear gas". BBC News. 26 de febreiro de 2016. 
  13. "Kosovo to Elect New Parliament Amid Anger Over Graft, Unemployment". VOA News. 1 de outubro de 2019. 
  14. "Opposition Vetevendosje Party Triumphs in Kosovo Election". Balkan Insight. 7 de outubro de 2019. 
  15. "UPDATE: Kosovo’s Ruling Party Votes to Remove Speaker of Parliament Vjosa Osmani from Its Leadership". archive.ph. 20 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020. 
  16. "Osmani përfundimisht ndan rrugët me LDK-në: Bashkëpunimin me LVV-në do ta konkretizoj më vonë". Indeks Online. 7 de setembro de 2020. 
  17. "Vjosa Osmani: Në LDK do të kthehesha nëse reformohet". Indeks Online. 11 de setembro de 2020. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 "Kosovo parliament elects reformist lawyer Osmani as president". Daily Sabah. 4 de abril de 2021. 
  19. "Acting President Vjosa Osmani Presents New Initiative". Albanian Daily News. 2 de xaneiro de 2021. 
  20. "LDK leader Isa Mustafa steps down following electoral defeat". Euronews. 15 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 09 de xaneiro de 2023. 
  21. "Deputeti i LDK-së thotë se ka votuar kundër shkarkimit të Vjosa Osmanit nga pozitat në parti". Kallxo. 20 de xuño de 2020. 
  22. "Rezultatet Përfundimtare Konačni Rezultati" (PDF). www.kqz-ks.org. Komisioni Qendror i Zgjedhjeve. 
  23. "Kosovo". CSIS. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2021. Consultado o 08 de xaneiro de 2023. 
  24. "Isa Mustafa resigns as LDK leader". Prishtina Insigh. 15 de febreiro de 2021. 
  25. 25,0 25,1 25,2 "Kosovo parliament elects Vjosa Osmani as new president". Al Jazeera. 4 de abril de 2021. 
  26. "Kosovo MP Faced with Protest over Sexist Language against President". Exit. 6 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2021. 
  27. "Vjosa Osmani elected Kosovo President". Prishtina Insigh. 4 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 4 April 2021. 
  28. "Para se të jepte betimin si presidente, Vjosa Osmani dha dorëheqje nga posti i deputetes dhe postet partiake". kallxo. 5 de abril de 2021. 
  29. "Pas dorëheqjes së Vjosa Osmanit, Donika Gërvalla e drejton iniciativën “Guxo”". reporteri. 5 de abril de 2021. 
  30. "Constitution of the Republic of Kosovo" (PDF). www.kryeministri-ks.net. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de marzo de 2021. 
  31. "Donika Gervalla: ‘We are not an experiment, we are a sovereign state.’". Prishtina Insigh. 31 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]