Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Voadores de Papantla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cerimonia ritual dos Voadores
Voadores durante unha representación
Patrimonio da Humanidade - UNESCO

Os Voadores de Papantla, tradición mexicana, representaba para algúns antigos pobos indíxenas como os olmecas e tototnacas un ritual sagrado cun grande significado astronómico e relixioso.

Cerimonia

[editar | editar a fonte]

Consiste en que catro persoas (simbolizando os catro puntos cardinais) se aten a un tronco alto e xiren arredor del 13 veces cada un, sumando, en total, 52 voltas, que eran os anos que duraba un século astronómico para os indíxenas.

Patrimonio Inmaterial da Humanidade

[editar | editar a fonte]

Esta tradición foi recoñecida como patrimonio cultural inmaterial da humanidade da UNESCO en 2009, pero só a mexicana, como os voadores de Papantla, xa que foi unha candidatura inscrita en solitario só polos Estados Unidos de México.[1]

Notas

  1. "UNESCO - Ritual ceremony of the Voladores". ich.unesco.org (en inglés). Consultado o 2024-07-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]