Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Voo 992 de Dana Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 992 de Dana Air
O avión do accidente en 2009
Resumo
Data  3 de xuño de 2012
Causa  fallo de motor
Lugar  Lagos, Nixeria
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Nnamdi Azikiwe
Destino  aeroporto Murtala Muhammed
Finados  163 (10 en terra)
Aeronave
Tipo de aeronave McDonnell Douglas MD-83
Operador  Dana Air
Rexistro  5N-RAM
Pasaxeiros  147
Tripulación  6
Superviventes  0

O voo 992 de Dana Air era un servizo doméstico regular de pasaxeiros entre Abuja e Lagos, en Nixeria. O domingo 3 de xuño de 2012 o McDonnell Douglas MD-83 que operaba a ruta esnafrouse contra unha fábrica de mobles e unha imprenta na veciñanza de Iju-Ishaga de Lagos.[1] O accidente matou os 153 ocupantes do avión e 10 persoas en terra. É o peor accidente de aviación dun McDonnell Douglas MD-83, ademais de ser o segundo con máis vítimas mortais da serie MD-80, tras o voo 1308 de Inex-Adria Aviopromet. Tamén é o segundo peor accidente de avión en Nixeria, despois do desastre aéreo de Kano de 1973.

O aparello era un bimotor McDonnell Douglas MD-83, con rexistro nixeriano 5N-RAM, fabricado en 1990 e usado por Alaska Airlines ata 2007. Foi vendido a outra aeroliña antes de ser mercado por Dana Air en febreiro de 2009.[2][3] O avión acumulara máis de 60 800 horas de voo dende a súa fabricación.[4] Os seus motores tiñan unhas 55 300 e 26 000 horas antes do accidente. O derradeiro mantemento fora realizado o 1 de xuño, dous días antes de esnafrarse.[4]

  1. "Rains Slow Search in Nigeria Plane Crash - TIME". web.archive.org. 2012-06-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2012. Consultado o 2018-12-20. 
  2. "Nigeria: Tears As Relations Of Crash Victims Storm Airport | General News | Peacefmonline.com". web.archive.org. 2012-06-07. Archived from the original on 07 de xuño de 2012. Consultado o 2019-01-16. 
  3. "FAA Registry - N944AS". registry.faa.gov. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-16. 
  4. 4,0 4,1 "Informe actualizado" (PDF). AIB. Consultado o 2019-1-16.