Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

W. E. B. Du Bois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaW. E. B. Du Bois

(1907) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalWilliam Edward Burghardt Du Bois
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1868 Editar o valor en Wikidata
Great Barrington, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1963 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Accra, Ghana Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForte de Christiansborg (pt) Traducir (–1985)
W.E.B. Dubois Memorial Centre for Pan African Culture (en) Traducir (1985–) Editar o valor en Wikidata
Activista polos dereitos civís
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesWeb Dubois
ResidenciaAtlanta
Ghana
Berlín Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Fisk
Universidade de Heidelberg
Harvard College
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade Harvard
Searles High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseGustav von Schmoller e Albert Bushnell Hart (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereitos civís e políticos Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, autobiógrafo, poeta, xornalista de opinión, xornalista, mestre, historiador da arte, fotógrafo, asistente social, novelista, Activista polos dereitos humanos, filósofo, sociólogo, escritor, economista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Pensilvania (1896–1897)
The New School (pt) Traducir
Universidade da Geórgia (pt) Traducir
Wilberforce University (en) Traducir
Universidade de Atlanta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista da América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeShirley Graham Du Bois (1951–)
Nina Gomer Du Bois (1896–1950) Editar o valor en Wikidata
FillosYolande Du Bois
 () Nina Gomer Du Bois Editar o valor en Wikidata
ParentesOthello Burghardt, avó Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дюбуа Уильям Эдуард Бёркхардт)
Enciclopedia soviética armenia
Dictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1415438 IBDB: 9119
Musicbrainz: cc92038b-0460-4de9-b7f8-da1bdd96375a Discogs: 1368792 WikiTree: DuBois-2 Find a Grave: 6876927 Genius: Web-du-bois Editar o valor en Wikidata
W. E. B. Du Bois.

William Edward Burghardt Du Bois, ás veces chamado Web Dubois, nado en Great Barrington (Massachusetts) o 23 de febreiro de 1868 e finado en Ghana o 27 de agosto de 1963, foi un sociólogo, historiador e socialista afroamericano de orixe haitiana que loitou polo recoñecemento dos dereitos cívicos dos negros nos Estados Unidos. Foi tamén editor e poeta. Pertenceu á francmasonería.

Foi laureado co Premio internacional da paz (outorgado polo Consello mundial da paz) en 1952 e co Premio Lenin da paz en 1959.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes familiares e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

William Edward Burghard Du Bois naceu o 23 de febreiro de 1868 en Great Barrington, Massachusetts, fillo de Alfred Du Bois e Mary Silvina Burghardt Du Bois.[1] A familia materna formaba parte dunha pequena comunidade de persoas negras libres de Great Barrington, e posuía terras na rexión. Ademais, a nai descendía de devanceiros holandeses, africanos e ingleses.[2] O bisavó de Du Bois era Tom Burghardt, un escravo (nado no occidente africano contra 1730) do colono holandés Conraed Burghardt. Tom serviu brevemente no Exército Continental durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América, o que puido ser a causa da súa liberación a finais do século XVIII. O fillo de Tom Burghardt, Jack Burghardt, foi á súa vez pai de Othello Burghardt, avó de W. E. B. Du Bois.[3]

W. E. B. Du Bois afirmaba ser parente de Elizabeth Freeman, que segundo el casou co seu bisavó Jack Burghardt.[4][5] Porén, Freeman era 20 anos maior ca Burghardt, e non existe rexistro oficial dese matrimonio. É posible que Burghardt casase coa filla de Freeman, Betsy Humphrey, tras ser abandonada polo seu esposo Jonah Humphrey, e tras o pasamento da primeira muller de Burghardt cara a 1810. Hai evidencia parcial de que ambos mantiveron algún tipo de relación íntima.[6]

O bisavó paterno de W. E. B. Du Bois foi James Du Bois (de Poughkeepsie, Nova York), un home francoamericano de orixe hugonote casado cunha muller escrava.[7] Un dos seus fillos foi Alexander, nado en Long Cay, nas Bahamas, en 1803; este emigrou xunto co seu pai aos Estados Unidos en 1810.[8] Alexander Du Bois estivo un tempo traballando en Haití, onde naceu Alfred Du Bois, froito das súas relacións cunha amante. Alexander regresou a Connecticut, deixando en Haití ao seu fillo.[9]

Arredor de 1860, Alfred Du Bois viaxou aos Estados Unidos, establecéndose en Massachusetts. Casou con Mary Silvina Burghardt o 5 de febreiro de 1867 en Housatonic, unha vila situada en Great Barrington.[9] Alfred abandonou a Mary en 1870, dous anos despois do nacemento do seu fillo William, quizais por presións da familia materna.[10] Mary Du Bois mudouse a casa dos pais en Great Barrington, onde viviron até que o fillo cumpriu os cinco. Mary traballou para contribuír ao fogar (malia a oposición do seu irmán e veciños), mais faleceu dun ictus a comezos da década de 1880. Faleceu en 1885.[11][12]

A poboación de Great Barrington era en gran parte de orixe europea, mais Du Bois puido asistir á escola pública local e xogar cos seus compañeiros brancos. Porén, xa de adulto, escribiu sobre o racismo que viviu como fillo abandonado e membro dunha minoría. O profesorado, recoñecendo a súa capacidade, animouno a continuar as súas pescudas intelectuais. Du Bois pensaba que podía empregar os seus coñecementos para apoderar ás persoas afroamericanas.[13] En 1884, graduouse do instituto de Great Barrington con matrícula. A congregación da súa igrexa local fixo unha colecta para financiar a súa educación universitaria.[14]

Formación

[editar | editar a fonte]

Estudou na Fisk University de Nashville (Tennessee), e logo en Harvard a partir de 1888. Foi o primeiro negro norteamericano graduado cun doutoramento en Filosofía por Harvard en 1895.

Despois dos seus estudos en Harvard e en Berlín, publicou unha das primeiras obras sociolóxicas americanas: The Philadelphia Negro (O negro de Filadelfia). Ensina na Universidade de Atlanta e publica en 1903 o ensaio The Souls of Black Folk. Foi tamén autor de varias novelas, das que destaca The Dark Princess (A Princesa Negra).

En 1909, participou na creación da NAACP, e dirixiu o seu xornal, The Crisis.

A partir dos anos 1940, mostra unha simpatía crecente polas teses comunistas. En 1961, con 93 anos, afilíase oficialmente ao Partido comunista dos USA. Logo emigrou a Ghana, da que recibiu a nacionalidade, e onde faleceu en 1963.

  1. Lewis 2009, p. 11.
  2. Lewis 2009, pp. 14-15.
  3. Lewis 2009, p. 13.
  4. Du Bois 1984, p. 11.
  5. Lewis 1993, p. 14.
  6. Piper & Levinson 2010.
  7. Lewis 2009, p. 17.
  8. Chandler 2014, pp. 100-103.
  9. 9,0 9,1 Lewis 2009, p. 18.
  10. Lewis 2009, p. 21.
  11. Rabaka 2007, p. 165.
  12. Lewis 2009, pp. 29-30.
  13. Lewis 2009, pp. 27-44.
  14. Lewis 2009, pp. 39-40.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Du Bois, W. E. B. (1984). Dusk of Dawn (en inglés). Transaction Publishers. 
  • Chandler, Nahum Dimitri (2014). X: The Problem of the Negro as a Problem for Thought (en inglés). Fordham University Press. ISBN 978-0-8232-5407-1. 
  • Lewis, David Levering (1993). W. E. B. Du Bois: Biography of a Race 1868-1919 (en inglés). Henry Holt and Co. 
  • Lewis, David Levering (2009). W. E. B. Du Bois: A Biography (en inglés). Henry Holt and Co. ISBN 978-0-8050-8769-7. 
  • Piper, Emilie; Levinson, David (2010). One Minute of a Free Woman: Elizabeth Freeman and the Struggle for Freedom (en inglés). Upper Housatonic Valley National Heritage Area. ISBN 978-0-9845492-0-7. 
  • Rabaka, Reiland (2007). W. E. B. Du Bois and the Problems of the Twenty-first Century: An Essay on Africana Critical Theory (en inglés). Lexington Books.