Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Warren Buffett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWarren Buffett

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1930 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Omaha, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Director executivo Berkshire Hathaway
1970 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOmaha Editar o valor en Wikidata
EducaciónColumbia Business School (en) Traducir - economía (–1951)
Universidade de Nebraska-Lincoln (pt) Traducir - administración de empresas (–1950)
Wharton School (pt) Traducir (1947–)
Woodrow Wilson High School (–1947)
Universidade de Columbia
Universidade de Pensilvania
New York Institute of Finance Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestidor, financeiro, accionista, emprendedor, economista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
ProfesoresBenjamin Graham Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado82.500 M$ (2019) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAstrid Menks (2006–)
Susan Buffett (1952–2004), death of subject's partner Editar o valor en Wikidata
FillosSusan Alice Buffett
 () Susan Buffett
Howard Graham Buffett
 () Susan Buffett
Peter Buffett
 () Susan Buffett Editar o valor en Wikidata
PaisHoward Homan Buffett Editar o valor en Wikidata  e Leila Stahl Buffett Editar o valor en Wikidata
IrmánsDoris Buffett
Roberta Buffett Elliott Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia (full versions) (en) Traducir
Lentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1104789 TCM: 775653
Twitter: WarrenBuffett BNE: XX1306624 WikiTree: Buffett-33 Editar o valor en Wikidata
Warren Buffet.

Warren Edward Buffett, nado o 30 de agosto de 1930 en Omaha, Nebrasca, é un investidor e filántropo estadounidense. No ano 2008 era considerado o home máis rico do mundo.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu patrimonio líquido ascendía no 2006 a 16 mil millóns de dólares, grazas enteiramente á súa habilidade na escolla de accións e a administración de investimentos doutras persoas. Buffet iniciou a súa carreira en 1954 con apenas 100 dólares para investir. Despois de ser ensinado por Benjamin Graham, fundou unha sociedade de investimento da que el era administrador. Buffet dirixiu esta sociedade ata 1969, cando saíu do mercado debido aos niveis extremadamente altos da Bolsa.

En 1965 comprou unha firma con problemas financeiros no sector téxtil chamada Berkshire Hathaway. Esta firma debería converterse nun holding para investimentos no sector dos medios de comunicación, seguros e compañías do sector de consumo. Buffet comprou varias destas compañías a un prezo moi baixo na recesión de 1973. Isto axudou a manter o seu retorno ben superior ó mercado durante as décadas de 70 e 80. Buffett xa era considerado unha lenda viva no campo dos investimentos cando comprou unha gran parte de Coca-Cola en 1988. Os exemplos empregados nas súas conferencias axudaron a espallar a súa reputación ben lonxe dos confíns de Wall Street, auxiliados por un bando de investidores satisfeitos que Buffet axudou a transformar en millonarios.

Buffett é o investidor con máis éxito de tódolos tempos, cunha taxa de retorno composta de 22,3% durante 36 anos. A compra de Coca Cola supuxo para os seus investidores un lucro de preto do 800% en 12 anos. Menos coñecido foi seu investimento no Grupo de propaganda Interpublic en 1973, que ofreceu ganancias de máis do 900% en pouco máis de 11 anos. Buffet utiliza un cálculo chamado de fluxo de caixa descontado, que envolve a estimativa dos fluxos de caixa futuros do negocio e o desconto. Este cálculo mostra se existe unha diferenza entre o prezo actual e o valor proxectado, e se é grande ou suficiente para dar ó investidor unha marxe de seguridade. Buffet di que despois de comprada unha acción, non lle importaría se a Bolsa pechase por 10 anos se estivese suficiente confiado do valor intrínseco dos seus papeis.

  1. Kroll, Luisa (2008-03-05). "The World's Billionaires". Forbes. Consultado o 2008-03-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]