Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Wikipedia:Categorías/proposta 2017
Período de votación: 11/8/2017 - 10/9/2017
SI: 8 — NON: 1 — NEUTRO: 3 — CONCLUSIÓN: Aprobada |
Nova proposta para aprobar oficialmente unha política sobre a categorización de artigos, con indicacións e normas de carácter xeral sobre o uso de categorías. Está adaptada da norma actual en lingua inglesa. Gran parte do texto actual de Wikipedia:Categorías, en particular as indicacións técnicas e de uso de carácter informativo, manteríase a Axuda:Categorías, quedando esta última como unha axuda informativa e a política proposta como a normativa de uso.
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:50 (UTC)[responder]
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 11 de agosto de 2017 ás 09:14 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 11 de agosto de 2017 ás 17:32 (UTC)[responder]
- Concordo. --RubenWGA (conversa) 11 de agosto de 2017 ás 17:47 (UTC)[responder]
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 12 de agosto de 2017 ás 10:44 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 15 de agosto de 2017 ás 17:23 (UTC)[responder]
- Concordo. ----Alfonso mande 18 de agosto de 2017 ás 08:08 (UTC)[responder]
- Concordo. --Norrin (Fálame) 6 de setembro de 2017 ás 07:14 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo Unhanova (conversa) 12 de agosto de 2017 ás 23:44 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro --Elisardojm (conversa) 18 de agosto de 2017 ás 17:02 (UTC)[responder]
- Neutro.--AMPERIO (conversa) 19 de agosto de 2017 ás 19:20 (UTC)[responder]
- Neutro.--Agremon(contacto) 24 de agosto de 2017 ás 15:26 (UTC)[responder]
Comentarios
[editar a fonte]- Non me parece unha boa adaptación da política de categorías da Wikipedia en inglés que si usa categorías que visibilizan as mulleres.Unhanova (conversa) 12 de agosto de 2017 ás 23:43 (UTC)[responder]
- É unha adaptación da política de categorías da Wikipedia en inglés, tendo en conta os consensos e usos actuais na Galipedia. Na Galipedia non hai discriminación xeral de sexo por consenso, se van por aí os tiros, como quedou reflectido na votación correspondente. Discordar en forma de "voto de castigo", ignorando o resto do contido da proposta, non me parece un comportamento axeitado. ☣Banjo tell me 13 de agosto de 2017 ás 21:49 (UTC)[responder]
- Votei en contra non como voto de castigo, senón porque de saír adiante esta proposta quedaría oficializado un sistema de categorías con masculino xenérico sobre o que non hai acordo. De feito, na votación anterior sobre o uso do masculino xenérico nas categorías quedou 10/11 e con 3 neutros. De votarse a oficialidade do masculino xenérico independemente non quedaría oficializado. De querer votar as categorías eliminando toda oficialización do masculino xenérico, eu non había de votar en contra. Unhanova (conversa) 17 de agosto de 2017 ás 09:26 (UTC)[responder]
- A min o que me parece é que se unha política non contempla aspectos importantes para unha persoa ten todo o dereito do mundo de votar en contra, por moito que poida concordar co resto, se unha política non comparte principios básicos éticos e morais desa persoa, iso é evidente. O que non é un comportamento axeitado é xulgar os votos, e dicirlle á xente que non ten criterio, senón que vota por castigo. A argumentación de Unhanova paréceme xusta e respectable. Piquito (conversa) 17 de agosto de 2017 ás 09:49 (UTC)[responder]
- É unha adaptación da política de categorías da Wikipedia en inglés, tendo en conta os consensos e usos actuais na Galipedia. Na Galipedia non hai discriminación xeral de sexo por consenso, se van por aí os tiros, como quedou reflectido na votación correspondente. Discordar en forma de "voto de castigo", ignorando o resto do contido da proposta, non me parece un comportamento axeitado. ☣Banjo tell me 13 de agosto de 2017 ás 21:49 (UTC)[responder]
- Comentario Non voto a favor desta política porque dende o meu punto de vista é incompleta, e non voto en contra porque todo o que presenta é axeitado e oficializa o traballo que xa se ven realizando. Como apuntou Unhanova, na política da wiki en inglés fálase das subcategorías "non difusorias", é dicir, as categorías que son subconxuntos que simplemente teñen algunha característica especial de interese, como "Gañadores do premio Óscar ó mellor actor" que sería unha subcategoría de "Actores de cine". Tamén indica que as subcategorías definidas por xénero, etnia, relixión, e sexualidade deberían ser case sempre subcategorías "non difusorias". Nesta proposta de política non se contempla en ningún apartado este uso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de agosto de 2017 ás 17:02 (UTC)[responder]
- Comentario Apúntome ó que di Elisardojm é o dereito do que falan Unhanova e Piquito. De calquera xeito, o peso principal para a neutralidade ven de algo que teño comentado noutras votacións: a hiperinflación de normas, que fai que necesite tempo para comprendelas eu pola súa extensión e diversidade, e me pareza que deixan de ser operativas para o conxunto de usuarios. É dicir, pola burocratización que implican. --Agremon(contacto) 24 de agosto de 2017 ás 15:26 (UTC)[responder]
- @Elisardojm: O apartado na wiki inglesa sobre as subcategorías "non difusorias" non fai máis que complicar o entendemento da categorización, enrevesando a explicación e entrando en desmasiados específicos para casos concretos. A explicación que da a proposta sobre subcategorización e sobre a dispersión de categorías é ó meu parecer suficiente desta forma, sen necesidade de entrar a avaliar subconxuntos específicos que en todo caso deben revisarse caso por caso seguindo o esquema xeral de categorías que xa vimos seguindo por consenso xeral e un pouco por sentido común en cada caso.
- @Agremon: Das últimas 10 propostas de políticas sólo dúas estiveron relacionadas con procesos "burocráticos" (WP:ER e WP:PP). Procesos que por outra parte xa existían, esas propostas só foron actualizacións. O resto foron cuestións sobre o comportamento axeitado dos usuarios ou o funcionamento da comunidade (WP:PRO, WP:CONSENSO) ou sobre o estilo e contido dos artigos (WP:PVN, WP:TITORG, WP:EXT, LE). Esta proposta non engade ningún proceso burocrático máis, trata cuestións editoriais xa que só pretende estandarizar e deixar por escrito cómo se tratan as categorías e cómo se aplican estas ós artigos.
- En xeral: Votade o que consideredes máis axeitado, iso por suposto, pero deixade xa o tema da discriminación por sexo, por favor. Debateuse extensamente, votouse e non se aprobou. Esta proposta non ten nada que ver con esa outra cuestión. O consenso nese aspecto é previo a esta ou a calquera outra proposta, mantense precísamente ó non aprobarse ese cambio. Nesta proposta non se indica nada sobre o tema precisamente porque é un consenso xeral aceptado dende prácticamente os comezos da Galipedia. Aducir que esta proposta está incompleta porque non inclúe unha cuestión non aprobada noutra proposta previa, ou que oficializa unha práctica consensuada sen que indique nada explicitamente ó respecto, é simplemente darlle outra volta de roda a outro tema distinto que xa se debateu no seu lugar correspondente. ☣Banjo tell me 25 de agosto de 2017 ás 08:23 (UTC)[responder]
- Sen continuar: o 'papeleo' non atinxe só a procesos que son considerados con anterioridade 'burocráticos', senón a calquera que se complique ó normativizalo. A iso me refería.--Agremon(contacto) 25 de agosto de 2017 ás 09:02 (UTC)[responder]