William Friedkin
William Friedkin, nado en Chicago (Illinois) o 29 de agosto de 1935[1] e finado nos Ánxeles o 7 de agosto de 2023, foi un director de cine estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mal estudante, pensou en dedicarse profesionalmente ao baloncesto, pero tralo instituto xa comezou a traballar na televisión.
Tras unha exitosa carreira, na que chegou a dirixir un capítulo de The Alfred Hitchcock Hour, marchou a Hollywood en 1965, debutando no cinema dous anos despois con Good Times.
Tras varios filmes artísticos chegou o grande éxito The French Connection, co que gañou, entre outros premios, o oscar ao mellor director de 1971. A esta película seguiulle O exorcista, co que volvería triunfar entre o público e a crítica. Con estes filmes foi visto, xunto a Francis Ford Coppola e Peter Bogdanovich, como representante do Novo Hollywood.
As súas seguintes películas foron recibidas con diferentes críticas, non volvendo a ter un éxito coma os dos inicios dos setenta.
Obra
[editar | editar a fonte]- 1967 - Good Times
- 1968 - The Birthday Party
- 1968 - The Night They Raided Minsky's
- 1970 - The Boys in the Band
- 1971 - The French Connection
- 1973 - O exorcista
- 1977 - Sorcerer
- 1978 - O meirande roubo do século
- 1980 - Cruising
- 1983 - Deal of the Century
- 1985 - Vivir e morrer nos Ánxeles
- 1987 - Rampage
- 1990 - The Guardian
- 1994 - Blue Chips
- 1995 - Jade
- 2000 - Regras de compromiso
- 2003 - A presa
- 2007 - Bug
- 2011 - Killer Joe
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "William Friedkin". IMBd. Consultado o 30-10-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- William Friedkin na IMDb (en inglés).