Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Wushu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha típica competición de wushu.

O wushu, coñecido tamén como wushu moderno ou wushu contemporáneo, é, á vez, un deporte de exhibición e de contacto, derivado das artes marciais da China. O wushu componse de dúas disciplinas: taolu (rutinas) e sanda (combate).

As rutinas de taolu son patróns de exercicios e manobras de carácter ximnástico, baseado nas artes marciais da China en base ás cales se xulga ós competidores e se lles asigna unha puntuación segundo unhas normas específicas. As rutinas comprenden movementos básicos (posicións, patadas, puñadas, equilibrios, saltos e xiros) relacionados con algún estilo tradicional de arte marcial chinesa e poden ser modificados co obxectivo de demostrar unha maior habilidade de tipo ximnástico (nandu).

A International Wushu Federation (IWUF) organiza os Campionatos Mundiais de Wushu cada dous anos; o primeiro Campionato Mundial se realizou en 1991 en Pequín.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.