Xarope
Un xarope ou xaropada (do árabe شراب xarab a través do latín: sirupus) é un líquido de consistencia viscosa, que polo xeral contén solucións concentradas de azucres, como a sacarosa, en auga ou noutro líquido ás que se lles adoita engadir zume de froitas, herbas, ou un aromatizante.
Se se emprega auga purificada soamente para preparar unha solución de sacarosa, a preparación coñécese co nome de xarope simple.
Pola contra, se a preparación contén algún principio activo engadido emprégase o nome de xarope medicado.
Historia
[editar | editar a fonte]Os xaropes úsanse dende hai moito tempo e antes de se descubrir o azucre preparábanse con mel. Os líquidos que habitualmente integran o xarope son a auga destilada, solucións extractivas, zumes e outros.
O seu emprego xeneralizouse amplamente porque enmascaran o sabor desagradábel dos fármacos e se conservan por máis tempo.
Propiedades xerais
[editar | editar a fonte]- Alta concentración de azucre (45-85%).
- Densidade de 1.320 kg/m³ a 15 °C.
- Viscosidade de 100 cp.
- Preséntanse coma líquidos homoxéneos, transparentes, brillantes, incoloros ou corados, de sabor e recendo agradábel.
Vantaxes médicas
[editar | editar a fonte]- Adminístranse vía oral a nenos e vellos sen a capacidade de inxerir comprimidos e cápsulas.
- Enmascaran o sabor desagradábel das menciñas.