Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Xeométridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Geometridae
Rango fósil: 35 Ma-0 Ma
do Priaboniano ao Actual

Unha especie do xénero Chiasma da subfamilia Ennominae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Superfamilia: Geometroidea
Familia: Geometridae
Leach, 1815
Subfamilias

Alsophilinae (discutido)
Archiearinae
Desmobathrinae (discutido; Fauna Europaea trátaos xunto con Alsophilinae como sinónimos de Oenochrominae)
Ennominae
Geometrinae
Larentiinae (pero ver texto)
Oenochrominae
Orthostixinae
Sterrhinae

Selenia tetralunaria unha especie da subfamilia Ennominae.
Scopula sp.
Tetracis cachexiata (Ohio).

Os xeométridos (Geometridae), xeralmente chamados xeómetras, son unha familia de avelaíñas dentro da orde dos insectos lepidópteros. O seu nome deriva do latín geometra e este do grego antigo γεωμέτρης ('xeómetra, medidor da terra'), facendo referencia ao modo en que as súas larvas, parecen "medir a terra" a medida que se moven arqueando e estendendo os seus corpos.[1] É unha familia de avelaíñas moi grande, cunhas 35.000 especies descritas.[1] Un exemplo moi coñecido é a Biston betularia, que foi moi estudada en xenética de poboacións. Algúns xeométridos son pragas agrícolas.

Moitos xeométridos teñen abdomes delgados e ás anchas que normalmente manteñen en posición horizontal deixando as ás posteriores visibles. Son avelaíñas pero teñen bastante aparencia de bolboretas, pero nos demais aspectos son avelaíñas típicas; a maioría voan de noite, posúen un freo (frenulum) para unir as ás e os machos teñen antenas frecuentemente plumosas. Adoitan confundirse co fondo do ambiente no que viven, e ás veces presentan patróns de coloración ondulados e intricados nas ás. Nalgunhas especies as femias teñen as ás reducidas (por exemplo Operophtera brumata e Alsophila pometaria).[1]

A maioría non son grandes, duns 3 cm de envergadura alar, pero poden medir desde 10 a 50 mm, e unhas poucas especies (por exemplo, as Dysphania) son aínda meirandes. Teñen órganos timpánicos pares evidentes na base do abdome (ausentes en femias non voadoras).

Unha eiruga xeométrida camuflada co aspecto dunha ramiña rota.
Locomoción da eiruga.

O nome Geometridae fai referencia ao modo de locomoción da eiruga, a cal carece de complemento completo de propatas (ou pseudópodos) que teñen outras eirugas de lepidópteros, posuíndo só dous ou tres pares no extremo posterior en vez dos cinco pares normais. Como ten estes apéndices nos dous extremos do seu corpo, a eiruga suxéitase coas súas patas anteriores e ergue o extremo posterior, arquéase ata chegar ao primeiro punto de suxeición e despois suxéitase coas propatas do extremo posterior e avanza ata acadar un novo punto de suxeición máis adiante, creando a impresión de que está a medir "a palmos" o seu percorrido. A Trichoplusia ni e a Chrysodeixis includens pertencen a outra familia a pesar que tamén arquean o seu corpo ao andar. En moitas especies de xeométridos as eirugas miden 25 mm de longo. Adoitan ser verdes, grises ou pardas e ocúltanse dos seus depredadores confundíndose co fondo do seu ambiente ou imitando ramiñas. Moitas destas eirugas, cando son molestadas, póñense ergueitas sobre as súas propatas e permanecen inmóbiles para pareceren ramiñas. Algunhas teñen xibas ou filamentos. Son gregarias e xeralmente lisas. Algunhas comen liques, flores ou pole, mentres que outras, como as especies hawaianas do xénero Eupithecia, son carnívoras.

Sistemática

[editar | editar a fonte]

A clasificación das especies coa sistemática de 1990 non está xa actualizada en moitos casos. As familias son distribuídas provisionalmente nunha secuencia filoxenética, desde as máis basais ás máis avanzadas. Tradicionalmente, as Archiearinae considerábanse as máis antigas, xa que as súas eirugas teñen propatas ben desenvolvidas. Porén, agora parece que as Larentiinae son realmente máis antigas, como indican as súas numerosas plesiomorfias e datos de secuencias de ADN. Ou ben son unha liñaxe extemadamente basal de Geometridae —xunto coas Sterrhinae—, ou poderían considerarse unha familia separada de Geometroidea. En canto aos Archiearinae, algunhas especies que foran tradicionalmente situadas neles agora parece que pertencen a outras subfamilias; en conxunto parece que nuns poucos casos, as propatas que se perderan orixinalmente nas xeómetras máis ancestrais reevolucionaron como un atavismo.[2][3]

Larentiinae, cunhas 5.800 especies, que inclúe a tribo Eupitheciini, principalmente de climas temperados, podería ser unha familia distinta.[2][3]

Sterrhinae, cunhas 2.800 especies, principalmente tropicais, podería pertencer á mesma familia que Larentiinae.[2] Exemplos:

  • Cyclophora albipunctata
  • Cyclophora porata
  • Cyclophora punctaria
  • Idaea aversata
  • Idaea biselata
  • Idaea dimidiata
  • Idaea emarginata
  • Idaea filicata
  • Idaea fuscovenosa
  • Idaea inquinata
  • Idaea muricata
  • Idaea ochrata
  • Idaea rusticata
  • Idaea seriata
  • Lythria cruentaria (antes en Larentiinae)
  • Rhodometra sacraria
  • Rhodostrophia vibicaria
  • Scopula decorata
  • Scopula floslactata
  • Scopula imitaria
  • Scopula immorata
  • Scopula immutata
  • Scopula marginepunctata
  • Semiothisa zachera
  • Timandra comae
  • Timandra griseata

Desmobathrinae – pantropical

Geometrinae, cunhas 2,300 especies nomeadas, principalmente tropicais

Archiearinae, holárticas e do sur dos Andes e Tasmania, aínda que estas últimas parecen pertencer a Ennominae,[3] as larvas teñen todas as propatas pero a maioría son reducidas.

  • Archiearis infans (Möschler, 1862)
  • Leucobrephos brephoides (Walker, 1857)

Oenochrominae, nalgúns tratamentos utilízase como un taxon papeleira para xéneros que son difíciles de situar noutros grupos.

Alsophilinae, cuns poucos xéneros de defoliadores de árbores, poderían pertencer á Ennominae, tribo Boarmiini[3]

Ennominae, cunhas 9.700 especies, incluíndo algunahs que son pragas defoliantes, con distribución global

Xéneros de Geometridae incertae sedis son:

Hydriomena? protrita (fósil), holotipo de á anterior.

Os taxons fósiles de Geometridae inclúen:

  1. 1,0 1,1 1,2 Robin McLeod, John; Jane Balaban, Beatriz Moisset & Chuck Entz (April 27, 2009). "Family Geometridae - Geometrid Moths". BugGuide. Consultado o April 2, 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Erki Õunap; Jaan Viidalepp; Urmas Saarma (2008). "Systematic position of Lythriini revised: transferred from Larentiinae to Sterrhinae (Lepidoptera, Geometridae)". Zoologica Scripta 37 (4): 405–413. doi:10.1111/j.1463-6409.2008.00327.x. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Catherine J. Young (2008). "Characterisation of the Australian Nacophorini using adult morphology, and phylogeny of the Geometridae based on morphological characters" (PDF excerpt). Zootaxa 1736: 1–141. 
  4. Cockerell, T. D. A. (1922). "A fossil Moth from Florissant, Colorado". American Museum Novitates 34: 1–2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hausmann, A. (2001): The geometrid moths of Europe. Apollo Books.
  • Minet, J. & Scoble, M. J. (1999): The Drepanoid / Geometroid Assemblage. In: N. P. Kristensen (ed.): Handbuch der Zoologie. Eine Naturgeschichte der Stämme des Tierreiches / Handbook of Zoology. A Natural History of the phyla of the Animal Kingdom (Vol. 4: Arthropoda: Insecta. Part 35: Lepidoptera, Moths and Butterflies vol. 1: Evolution, Systematics, and Biogeography): Chapter 17. Walter de Gruyter, Berlin & Nova York.
  • Scoble, M. J. (ed.) (1999): Geometrid Moths of the World: A Catalogue. CSIRO Publishing. ISBN 0-643-06304-8

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]