Xfce
Xfce | |
---|---|
Captura de Xfce 4.10 | |
Desenvolvedor(es) | Múltiples desenvolvedores |
Última versión | 4.14 (12 de agosto de 2019) |
Repositorio | gitlab |
Sistema operativo | Unix-like |
Lingua/s | Varias Galego: |
Tipo | Contorno de escritorio |
Licenza | GPL, LGPL e BSD. |
Sitio web | www.xfce.org |
Xfce (pronunciado como letras individuais) é un contorno de escritorio para Unix e outros sistemas operativos baseadas nela como Linux, Solaris ou BSD. Está configurado para utilizarse co rato e os ficheiros de configuración normalmente están ocultos para o usuario normal.
Xfce pretende ser rápido e lixeiro, atractivo desde o punto de vista visual e fácil de usar. Xfce encarna a filosofía tradicional de Unix de modularidade e reutilización. Consiste en partes empaquetadas por separado, que xuntas fornecen todas as funcións do contorno de escritorio, pero poden ser seleccionadas en subconxuntos para adaptarse ás necesidades e preferencias do usuario. Outra das prioridades de Xfce é a adhesión a estándares, especialmente os definidos en freedesktop.org.
Do mesmo xeito que GNOME, Xfce baséase no kit de ferramentas GTK, pero non é unha copia («fork») de GNOME. Emprega o xestor de xanelas Xfwm. A súa configuración pode facerse integramente co rato, tendo ademais ficheiros de configuración avanzada agochados ao usuario xeral. Xfce non fornece animacións de escritorio, aínda que o Xfwm ten compatibilidade para elas.
Desde febreiro de 2019 a web de Xfce, está dispoñible en galego.
Distribucións
[editar | editar a fonte]Distribucións que inclúen Xfce como contorno principal:
- Xfld (descontinuada)
- Archie (descontinuada)
- College Linux (descontinuada)
- DreamLinux (descontinuada)
- FreeSBIE (descontinuada)
- Kate OS (descontinuada)
- Morphix (descontinuada)
- MX Linux
- Slackware
- Slax (no pasado)
- Vector Linux
- Whoppix (descontinuada)
- Xubuntu
- Zenwalk
Outras inclúen Xfce como contorno opcional