Xosé Manuel López Ardeiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1944 A Chancela, España |
Morte | 21 de decembro de 2007 (63 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Premios | |
Xosé Manuel López Gómez, "Ardeiro", nado na Chancela (Logrosa, Negreira) o 15 de xuño de 1944 e finado en Ferrol o 21 de decembro de 2007, foi un poeta galego en lingua galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou no Rexistro de Propiedade de Negreira. Foi membro fundador da sociedade cultural Afonso Eanes desta vila, e membro fundador da ONG Alén Mar, tendo participado en diversas actividades sociais e culturais (Ateneo Ferrolán, Dorna ou FerrolAnálisis).
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Na néboa dunha espranza, 1981. Editorial Limbo.
- En bela sombra e amaranto, 1985, Algalia. Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo.
- O matiz esmeralda da sombra, 1988, Ediciós do Castro (Coleccións de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón).
- Sombras e outras presencias, 1992. Nº 73 da Biblioteca 114, El Correo Gallego.
- Un xardín no tempo, 2001, 3C3.
- Versos de ausencia e desagravio, 2005, Espiral Maior.
- Un tempo de amor e de voces na diáspora, 2010, Espiral Maior. Con edición e notas de Xosé A. Ponte Far.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Coroa poética para Castelao, edición de Xesús Alonso Montero.
- Negreira na guerra do 36.
- Arredor do Centenario de Rosalía.
- O centenario de Castelao na lembranza, 1986.
- Feiraco e o Val de Barcala-Un camiño de progreso.
- Vinte anos trobando coa cultura. Afonso Eanes, 1976-1996.
- Valle-Inclán, o que non fenece.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de poesía Cidade de Ourense no 1981, por Na néboa dunha espranza.
- Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo no 1985, por En bela sombra e amaranto.
- I Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1988, por O matiz esmeralda da sombra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "López Gómez, Xosé Manuel". Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- "López Gómez, Xosé Manuel". Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "López Gómez, Xosé Manuel". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1249. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "López Gómez, Xosé Manuel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "López Gómez, Xosé Manuel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Álvarez, Noemí; Rei, María; Sambade, Suso (2008). As douradas sílabas de X. M. López Ardeiro, Editorial Toxosoutos.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.