Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Yōkai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"O cesto pesado" de Shinkei Sanjurokkei Sen por Tsukioka Yoshitoshi (Meiji 25).

Yōkai (妖怪?, pantasma, aparición) son unha clase de monstros sobrenaturais, espíritos e demos do folclore xaponés. A verba yōkai está composta do kanji para "fascinante; atractivo; calamidade"; e "espectro; aparición; misterio; suspicaz".[1] Tamén son chamados ayakashi (あやかし?), mononoke (物の怪?), ou mamono (魔物?). Os yōkai son moi diversos e hainos dende malévolos até fedellos, e en ocasións atraen a boa sorte de quen se encontra con eles. En ocasións posúen trazos animais (como os kappa, que son semellantes a tartarugas, ou os tengu que teñen ás), noutras ocasións poden parecer humanos, obxectos inanimados ou non teñen forma discernible. Os yōkai adoitan ter poderes espirituais ou sobrenaturais, sendo a metamorfose un dos poderes máis comúns entre eles. Os yōkai que teñen a habilidade de metamorfosearse son chamados bakemono (化物) / obake (お化け).

Os folcloristas e historiadores xaponeses empregan o termo yōkai como "fenómenos sobrenaturais ou inexplicables para os seus informantes". No período Edo, moitos artistas como Toriyama Sekien, crearon yōkai inspirados nas tradicións ou na súa propia imaxinación, e no presente, numerosos yōkai creados por eles (como Kameosa e Amikiri) son considerados como de orixe lendaria.[2]

  1. Youkai Kanji e Youkai Definition via Denshi Jisho en jisho.org Consultado o 22 de xullo de 2013.
  2. "Toriyama Sekien ~ 鳥山石燕 (とりやませきえん) ~ part of The Obakemono Project: An Online Encyclopedia of Yōkai and Bakemono". Obakemono.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2013. Consultado o 30 de abril de 2013.