Yannis Spyropoulos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1912 Pilos, Grecia (pt) |
Morte | 18 de maio de 1990 (78 anos) Atenas, Grecia |
Residencia | Grecia (1940–) |
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes (1938–1940) Athens School of Fine Arts (en) (1930–1936) |
Actividade | |
Ocupación | pintor, kinetic artist (en) |
Período de actividade | 1932 - 1992 |
Participou en | |
1970 | Exposición Universal de Osaca de 1970 |
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) |
1960 | 30th Venice Biennale (en) |
Premios | |
|
Yannis Spyropoulos é un pintor grego nado en 1912 en Pylos e morto en 1990. É considerado coma un dos máis importantes pintores abstractos gregos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De 1933 a 1938, foi alumno da Escola de Belas Artes de Atenas. Grazas a unha bolsa, enseguida foi estudar a París ata 1940, despois pasa a segunda guerra mundial en Atenas.
A súa primeira exposición internacional ten lugar no Cairo en 1946, e a súa primeira exposición en solitario foi na Galería Parnassos de Atenas en 1950. A continuación expón en Roma (1953), Belgrado (1954) ou Estocolmo (1955) e formou parte da grande exposición Oito Pintores Gregos do Instituto Smithsonian de Washington, D.C. en 1959. A partir de 1957, asinou contrato coa "World House Gallery" de Nova York, onde fixo numerosas exposicións en solitario en 1959 e 1961.
Obtén o premio da Unesco na Bienal de Venecia de 1960.
Estilo
[editar | editar a fonte]A pesar de que empezou a súa carreira con cadros naturalistas, introdúcese a partir de 1950 na abstracción. As súas pinturas en tonalidades sombrías son chas, sen profundidade espacial, con algunha forma xeométrica. Nos anos 1960, interésalle menos a composición abstracta, e máis a análise da imaxe en si obtida. As súas derradeiras obras mostran ben a súa insistencia sobre o proceso pictórico e o seu traballo sobre superficies e texturas.