Yeray Álvarez
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Yeray Álvarez López 24 de xaneiro de 1995 (29 anos) Barakaldo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,82 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 79 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 5 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Yeray Álvarez López, nado en Barakaldo o 24 de xaneiro de 1995, é un futbolista vasco de orixe galega, que xoga como defensa central no Athletic Club, da Primeira División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na localidade biscaíña de Barakaldo, nunha familia con orixe galega, sendo súa nai orixinaria do concello coruñés de Sobrado.[1] Formouse nas canteiras do Barakaldo e o Danok Bat, antes de ingresar aos 13 anos nas categorías inferiores do Athletic de Bilbao.[2] Tras rematar a súa etapa como xuvenil, na tempada 2013/14 xogou co Basconia, segundo filial do club, na Terceira División.
En maio de 2014 subiu ao primeiro filial, o Bilbao Athletic, da Segunda División B, e contribuíu con 36 partidos e un gol na triunfante campaña 2014/15, na que o equipo conseguiu o ascenso á Segunda División despois 19 anos de ausencia. Debutou na categoría de prata o 24 de agosto de 2015, substituíndo a Jurgi Oteo na segunda metade nunha derrota por 1-0 ante o Girona.[3] Foi titular habitual durante a tempada, pero non puido evitar o descenso do filial bilbaíno.
No verán de 2016 foi ascendido ao primeiro equipo do Athletic, co que debutou o 15 de setembro dese ano, sendo titular nunha derrota por 3-0 ante o Sassuolo na fase de grupos da Europa League.[4] Tres días despois xogou o seu primeiro encontro na Primeira División, entrando como substituto de Eneko Bóveda contra o Valencia.[5]
A pesar de contar só con 21 anos, fíxose axiña coa titularidade no centro da zaga do Athletic, xunto a Aymeric Laporte. Con todo, a súa progresión detívose bruscamente o 23 de decembro de 2016, cando o club anunciou que se lle diagnosticara un cancro nun testículo e que se operaría a seguinte semana.[6] A pesar disto, volveu aos terreos de xogo só 46 días despois, disputando os 90 minutos dunha derrota por 3-0 contra o FC Barcelona,[7][8] Pechou a campaña cun total de 35 encontros, 33 deles como titular.
En xuño de 2017 detectáronselle máis anormalidades cancerosas, polo que tivo que someterse a un tratamento de quimioterapia. Ao seu regreso ao campo de adestramento do club ao mes seguinte, foi recibido por todo o cadro de xogadores, que afeitaran a cabeza como xesto de solidariedade.[9] Tardou 259 días en volver vestir a camiseta do Athletic, reaparecendo o 4 de febreiro de 2018, o Día Mundial contra o Cancro,[10] nun encontro de liga ante o Girona.[11]
O 18 de xullo de 2019 o club renovou o seu contrato por sete anos.[12] Durante a tempada anterior o central recuperara a titularidade, na que foi un habitual durante as seguintes campañas. O 25 de xaneiro de 2021 marcou o seu primeiro gol co Athletic, rematando de cabeza un centro de Iker Muniain nunha vitoria por 5-1 ante o Getafe en San Mamés.[13]
Con máis de 220 partidos co primeiro equipo, participou das conquistas da Supercopa de España en 2021 e da Copa do Rei en 2024.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]O 23 de marzo de 2017 debutou coa selección española sub-21 nun partido amigable contra Dinamarca.[14] Foi convocado para a Eurocopa sub-21 dese ano, pero retirouse por enfermidade antes do inicio do torneo.
En 2018 foi convocado por Julen Lopetegui para un amigable da selección española absoluta contra Suíza,[15] aínda que non chegou a entrar ao campo.[16] Tamén xogou coa selección do País Vasco, debutando contra Costa Rica en novembro de 2020.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Radio Galega (29 de xuño de 2022). 'Convivir deportivo', en Sobrado dos Monxes: Visita ao seu concello n.º 150 de Galicia (Radio).
- ↑ Ortiz de Lazcano, Javier (24 de decembro de 2016). "Yeray, el gran descubrimiento". El Correo (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "El que la sigue, la consigue". Marca (en castelán). 24 de agosto de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Yeray, el superviviente de Sassuolo". El Correo (en castelán). 24 de novembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "El Valencia, ni con ventaja". Marca (en castelán). 8 de setembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Yeray sufre un tumor testicular". Marca (en castelán). 23 de decembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Yeray vuelve a jugar 46 días después de ser operado de un cáncer de testículos". ABC (en castelán). 4 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Barcelona 3-0 Athletic Bilbao". BBC (en inglés). 4 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Yeray Alvarez: Athletic Bilbao players shave heads to support defender diagnosed with cancer". BBC (en inglés). 7 de xullo de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Yeray: «Del cáncer se sale, lo he demostrado en el campo»". El Correo (en castelán). 4 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Stuani castiga al Athletic y el Girona ya aspira a Europa". Diario AS (en castelán). 4 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Oficial: El Athletic renueva y blinda a Yeray Álvarez" (en castelán). 18 de xullo de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "El Athletic es ahora un superequipo". Marca (en castelán). 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Amistoso Sub-21, España-Dinamarca: Remontada y récord (3-1)" (en castelán). 24 de marzo de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "España se examina en un amistoso ante Suiza". El Periódico de Aragón (en castelán). 11 de xuño de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "World Cup 2018" (en inglés). 3 de xuño de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Euskadi gana a Costa Rica en el descuento". Marca (en castelán). 16 de novembro de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2024.