Yi So-yeon
Aparencia
Nome orixinal | (ko) 이소연 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de xuño de 1978 (46 anos) Gwangju, Corea do Sur |
Educación | KAIST (pt) - Doutora en filosofía (–2008) KAIST (pt) - Mestrado (–2002) Gwangju Science High School (en) Haas School of Business (en) KAIST (pt) - título de grao |
Director de tese | Young-Ho Cho (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, enxeñeira |
Empregador | Universidade Inha (pt) |
Tempo no espazo | 10 días e 21 horas |
Misión do astronauta | |
Yi So-yeon -pronúnciase [i sojʌn]-, nada en Gwangju o 2 de xuño de 1978, é unha cosmonauta surcoreana .[1][2] O 8 de abril de 2008, converteuse na primeira coreana e unha das primeiras mulleres asiáticas en saír ao espazo ao participar no voo espacial Soiuz TMA-12. [3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Yi So-yeon foi ao Instituto Gwanju (광주 과학 고등학교). Máis tarde, formouse no Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Daejeon, onde preparou o doutoramento en biotecnoloxía.
O 7 de marzo de 2008, o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía escolleuna para substituír o seu colega Ko San como participante nun voo espacial organizado pola Axencia Espacial Federal Rusa o 8 de abril de 2008 . [3]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Yi Soyeon". www.astronautix.com. Consultado o 2021-10-24.
- ↑ "Yi Soyeon | Biography & Facts". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-10-24.
- ↑ 3,0 3,1 바이코누르 (8 de abril de 2008). "한국 최초 우주인 이소연과 그 동료들" (en coreano). Yonhap news alojado por JungAng Ilbo. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2008.