Yomiuri Giants
Yomiuri Giants | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1934 En Toquio desde 1934 | |||
| |||
Liga | |||
Liga | Nippon Professional Baseball | ||
División | Central League (1950–presente) | ||
Liga anterior | Japan Baseball League (1936–1949) | ||
Imaxe do equipo | |||
Retirados | 1, 3, 4, 14, 16, 34 | ||
Cores | |||
Datos do equipo | |||
Anterior | Dai Nippon Tokyo B. C. (1934–1935) Tokyo Kyojin (1936–1946) | ||
Alcumes | Kyojin (巨人, xigante) | ||
Estadio | Tokyo Dome (1988–presente) Korakuen Stadium (1949–1987) | ||
Mascota | Giabbit | ||
Dono | Yomiuri Group | ||
Adestrador | Tatsunori Hara | ||
Títulos | |||
Nippon S. (22) | 1951, 1952, 1953, 1955, 1961, 1963, 1965, 1966, 1967, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1981, 1989, 1994, 2000, 2002, 2009, 2012 | ||
Central L. (36) | 1951, 1952, 1953, 1955, 1956, 1957, 1958, 1959, 1961, 1963, 1965, 1966, 1967, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1976, 1977, 1981, 1983, 1987, 1989, 1990, 1994, 1996, 2000, 2002, 2007, 2008, 2009, 2012, 2013, 2014 | ||
JBL (9) | 1936 (O), 1937 (P), 1938 (O), 1939, 1940, 1941, 1942, 1943, 1949 |
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Toquio. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores. O propietario do equipo é o Yomiuri Group, un conglomerado de medios de comunicación, entre os cales hai dous xornais e unha cadea de televisión.
Os Giants son o equipo profesional de béisbol máis antigo do Xapón. O seu principal equipo rival son os Hanshin Tigers, club especialmente popular na rexión de Kansai. Os Yomiuri Giants son habitualmente considerados como "Os New York Yankees do Xapón" debido á súa popularidade, o seu dominio da competición no pasado e o efecto polarizados que exerce nos seareiros (son desagradábeis para algúns seguidores de béisbol, máis por outra banda teñen unha gran base de seareiros en todo o país).[1]
A pesar de ser o seu nome oficial de Giants (xigantes en inglés), en xeral no Xapón son coñecidos simplemente como Kyojin (巨人, palabra xaponesa para "xigante(s)"). Os uniformes do equipo están baseados no dos New York Giants (hoxe San Francisco Giants), sendo as cores principais do mesmo o laranxa e o negro. De feito, a tipografía do equipo non seus comezaos era moi semellante á que usaban os Giants estadounidenses nos anos 1930, que nos anos 1970 foi actualizada a outra semellante aos San Francisco Giants da época.
Historia
[editar | editar a fonte]Tokyo Kyojin
[editar | editar a fonte]O equipo foi fundado en 1934 co nome de Club de Béisbol Imperio do Xapón de Toquio (大日本東京野球倶楽部 Dai-Nippon Tōkyō Yakyū Kurabu?), un equipo formado por algúns dos mellores xogadores niponés organizado polo magnate dos medios de comunicación Matsutarō Shōriki para enfrontouse a un equipo de estrelas estadounidenses que contaba con xogadores como Babe Ruth, Jimmie Foxx, Lou Gehrig ou Charlie Gehringer. Ao contrario que outros equipos de estrelas xaponesas, que foron disoltos tras xogar os seus partidos, Shōriki decidiu converter a este grupo nun equipo profesional que xogase nunha liga independente. En 1936, coa creación da Liga de Béisbol do Xapón, o equipo mudou o seu nome a Tokyo Kyojin (do xaponés: Xigantes). Entre 1936 e 1943 o equipo conseguiu oito títulos de liga, incluídos seis consecutivos.
Un dos xogadores máis destacados destes primeiros anos dos Kyojin foi o pitcher Victor Starffin, alcumado o "xaponés de ollos azuis". Foi un dos primeiros lanzadores dominadores da liga, gañando dous premios ao mellor xogador (MVP) e un "Best Nine". Conseguiu gañar un mínimo de 26 partidos durante seis anos, alén de conseguir o récord de maior número de vitorias nun ano con 42 en 1939. O outro pitcher estrela do equipo foi Eiji Sawamura, quen foi o primeiro xogador en conseguir un no-hitter no béisbol profesional xaponés. A este, conseguido o 25 de setembro de 1936, uníronselle dous máis posteriormente. En 1937, Conseguiu 33 vitorias cun ERA de 1,38. En 1943 Sawamura alistouse no Exército Imperial Xaponés, mais perdeu a vida cando o seu barco foi torpedeado cara ao final da segunda guerra mundial.
Outro pitcher destacado foi Hideo Fujimoto (tamén coñecido como Hideo Nakagami), o cal lanzou para o equipo durante doce temporadas (1942–1955). Fujimoto posúe os récords xaponeses de menor ERA en todo unha carreira (1,90) e nunha temporada (0,73 en 1943), así como a mellor porcentaxe de vitorias de todos os tempos (69,7%). Ademais, lanzou dous no-hitter e conseguiu o primeiro partido perfecto da historia do béisbol profesional xaponés o 28 de xuño de 1950 ante os Nishinippon Pirates. Tamén foi adestrador do equipo entre 1944 e 1946. En canto a bateadores destacan o outfielder Haruyasu Nakajima e o primeira base Tetsuharu Kawakami. Kawakami, que permaneceu no club desde 1938 até 1958, conseguiu tres MVP, cinco títulos de bateo, dúas coroas de home run, tres títulos de RBI e seis títulos de máis hits nunha temporada. Foi ademais o primeiro xogador profesional xaponés en conseguir 2.000 hits. Por último cómpre destacar a Shosei Go (1937–1943), MVP da temporada 1943, que cunha altura de 1,67 metros foi coñecido como a Locomotora humana (人間機関車 Ningen Kikansha?) pola súa velocidade.
Yomiuri Giants
[editar | editar a fonte]En 1947 o equipo muda o seu nome a Yomiuri Giants. En 1949 os Giants gañan a última edición da Liga Xaponesa de Béisbol, tras a cal a Giants, entre outros, impulsan a reestruturación da competición para crear a Nippon Professional Baseball (NPB). Os Giants unírosne como membro fundador da NPB á Liga Central. Durante os primeiros anos de campionato os Giants foron os principais dominadores do béisbol xaponés, conseguindo gañar case todas as Ligas Centrais da década de 1950 (excepto 1954) e as Series do Xapón de 1951, 1952, 1953 e 1955. Nese elenco destacaron o ex xogador de fútbol americano reconvertido a bateador Wally Yonamine, o pitcher Takehiko Bessho e Takumi Otomo. Cómpre destacara tamén a Shigeo Nagashima, terceira base que anos máis tarde foi alcumado como "Mr. Giants" pola súa actuación ante o eterno rival, os Hanshin Tigers, no primeiro partido presenciado polo Emperador Hirohito.
Durante as décadas de 1950 e 1960 o xornal Yomiuri Shimbun encargouse de dar unha gran cobertura ao equipo. Cando a empresa conseguiu posuír unha cadea de televisión (YTV, afiliada a Nippon TV) o grupo comezou a emitir partidos do equipo. Sumado ao dominio dos Giants durante esa década, con sete Ligas e sete Series (1961, 1963, 1965, 1966, 1967, 1968 e 1969) a franquía pasou a aglutinar unha forte base de afeccionados por todo o país e ser alcumado naqueles anos como o Equipo do Xapón. Desde 1965 até 1973 os Giants, dirixidos por Tetsuharu Kawakimi, gañaron nove Ligas e Series consecutivas. Naquel equipo destacaron como xogadores a primeiro base Sadaharu Oh, que posúe o récord munidial de home runs cun estilo peculiar de bateo mantendo o equilibrio a un pé, e Shigeo Nagashima. Oh conseguiu proclamarse xogador máis valioso durante oito tempadas.
A retirada Nagashima en 1974, que pasou a ser o adestrador, afectou seriamente ao equipo. Na súa primeira temporada non puido conseguir outra cousa que unha última posición, a primeira na historia dos Giants. Nagashima desculpouse publicamente mais continuou no equipo, o cal non puido máis que gañar a Liga Central en 1976 e 1977. Nagashima viuse forzado a dimitir, o que xunto coa retirada de Sadaharu Oh tras 21 anos de carreira, levou aos Giants a realizar unha reestruturación do club. Nos anos 1980 os Kyojin volveron formar un equipo competente que combinaba a fichaxe de varias estrelas e a chegada de novos xogadores procedentes das ligas escolares. Dentro destes últimos movementos destacou o de Suguru Egawa, escollido polos Seibu Lions no draft de 1977, mais que se negaba a xogar en calquera equipo que non fosen os Giants, polos que terminou fichando en 1978. A pesar de que o contrato foi considerado ilegal pola NPB, os propietarios da franquía ameazaron con abandonar a liga e formar o seu propio circuíto se non se permitía a súa fichaxe. Debido á posición dos Giants no béisbol do país, finalmente permitiuse a contratación.
Os Giants conseguiron gañar a Liga Central de 1981, 1983, 1987 e 1989, e as Series de 1981 e 1989. Durante ese tempo estiveron liderados por Egawa, Tatsunori Hara e Warren Cromartie como bateadores, e Masaki Saito, Masumi Kutawa e Hiromi Makihara como pitchers. Con todo, xurdiron outros equipos que acabaron co dominio dos de Toquio, entre eles os Seibu Lions, os Chunichi Dragons e os Hiroshima Toyo Carp. A chegada de Oh como adestrador (1984-1988) non solucionou a situación, sendo criticado pola súa falta de autoridade. En 1993, tras varios anos sen conseguir títulos, a directiva da franquía volveu chamar a Nagashima como técnico. Baixo os seus primeiros anos conseguiu as ligas de 1994 e 1996, e a Serie do Xapón de 1994, destacando entre os xogadores Hideki Matsui. Tras caer na final de 1996 ante Orix BlueWave, os propietarios anunciaron unha forte renovación con fichaxes como Katsumi Hirosawa, Hiroo Ishii e Kazuhiro Kiyohara. Con todo, a falta de organización, a mala defensa e os erros tácticos de Nagashima fixeron que o equipo rendese por baixo do esperado. Tras gañar no ano 2000 a Liga e Serie, Nagashima abandonou o equipo para dirixir ao combinado nacional. En 2002 os Giants pasaron a ser dirixidos por Tatsunori Hara, que conseguiu no seu primeiro ano a Liga e Serie. Tras o éxito conseguido, Matsui asino cos New York Yankees. A franquía conseguiu tamén a vitoria de Liga Central en 2007, 2008 e 2009. No ano 2012, e baixo o mando de Tatsunori Hara, o Giants conseguiron gañar as súas últimas Series do Xapón.
-
Kawakami (1946)
-
Kawakami, Chiba e Aoki
-
Suguru Egawa
-
Tatsunori Hara (2012)
-
Celebración en 2009
-
Homenaxe a Nagashima en 2013.
-
Tomoyuki Sugano
Nomes
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[2]
- Dai Nippon Tōkyō Yakyū Club (1934−1935)
- Tōkyō Kyojin (1936−1946)
- Yomiuri Giants (1947−presente)
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Tokyo Dome.
Actualmente, os Yomiuri Giants xogan os seus encontros como local no Tokyo Dome, recinto con capacidade para 55.000 espectadores, 46.000 no caso de estaren todos sentados.[3] Con todo, ao longo dos anos ten utilizado os seguintes estadios:
Estadio | Localización | Prefectura | Capacidade | Período | |
---|---|---|---|---|---|
Kōrakuen Kyūjō | Bunkyō | Toquio | 42.337 | 1949 | 1987 |
Tokyo Dome | Bunkyō | Toquio | 46.000 | 1988 | − |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados polos Yomiuri Giants | ||||
Nº | Xogador | Posición | Período | |
---|---|---|---|---|
1 | Sadaharu Oh | Primeira base | 1959–1980 | |
3 | Shigeo Nagashima | Terceira base | 1958–1974 | |
4 | Toshio Kurosawa | Outfielder | 1944, 1946−1947 | |
14 | Eiji Sawamura | Pitcher | 1936–37, 1940–41, 1943 | |
16 | Tetsuharu Kawakami | Primeira base | 1938–1958 | |
34 | Masaichi Kaneda | Pitcher | 1965–1969 |
Xogadores MLB
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "10 Things You Didn’t Know About Japanese Baseball". Jugs Sports (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2017. Consultado o 22 de marzo de 2017. Arquivado 23 de marzo de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ "Yomiuri Giants". NPB.jp.
- ↑ "東京ドームとは". Tokyo-Dome.co.jp. Consultado o 5 de maio de 2019.