Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Yorgos Lanthimos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYorgos Lanthimos

(2015) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Γιώργος Λάνθιμος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
EducaciónHellenic Cinema and Television School Stavrakos (en) Traducir
Moraitis School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, guión cinematográfico e Produción de cinema Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, actor, realizador, produtor de cinema, director teatral, guionista, cineasta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
MovementoGreek Weird Wave (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAriane Labed (2013–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio weblanthimos.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0487166 Allocine: 261191 Rottentomatoes: celebrity/yorgos_lanthimos Allmovie: p655798
BNE: XX5020081 Discogs: 2258832 Editar o valor en Wikidata

Georgios "Yorgos" Lanthimos (en grego: Γιώργος Λάνθιμος, Giorgios Lanthimos), nado en Pangrati (Atenas) o 23 de setembro de 1973, é un director de cinema e teatro, produtor e guionista grego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lanthimos naceu en Atenas e foi criado principalmente pola súa nai.[1] O seu pai, Antonis Lanthimos, era un xogador profesional de baloncesto que xogou no Pagrati B.C. e na selección grega e tamén adestrou na escola Moraitis.[2] Tras graduarse na escola Moraitis, pasou a estudar administración de empresas e xogou un tempo no Pagrati B.C.[3] Posteriormente deixouno para estudar dirección de cinema e televisión na Escola Stavrakos (HCTSS) de Atenas.[1]

Durante a década de 1990 dirixiu vídeos para compañías de teatro e danza de Grecia. Dende 1995 dirixiu numerosos anuncios televisivos, videoclips, curtametraxes e obras de teatro experimental.[4] Foi tamén membro do equipo creativo que deseñou as cerimonias de apertura e clausura dos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas.[4][5]

O debut de Lanthimos na longametraxe foi co filme comercial O kaluteros mou psilos onde compartía créditos con Lakis Lazopoulos e ao que seguiu o filme experimental Kinetta, estreado no Festival de Cinema de Toronto de 2005.[6] O seu terceiro filme, Kynodontas, gañou o premio da sección Un Certain Regard no Festival de Cannes de 2006[7][8] e foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.[9] O seu cuarto filme, Alpeis (2011) gañou o premio Osella ao mellor guión no Festival de Venecia.[10]

O seu filme The Lobster foi seleccionado para competir no Festival de Cannes de 2015,[11] onde gañou o premio do xurado.[12][13] No 75.º Festival de Venecia estreou The Favourite (2018), que gañou o premio do xurado e recibiu dez candidaturas aos Óscar na 91.ª edición dos premios, incluídos os de mellor filme e mellor director para Lanthimos.[14]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Director Guionista Produtor Notas
2001 O kaluteros mou psilos Si Non Non Debut na dirección
Codirector, con Lakis Lazopoulos[6]
2005 Kinetta Si Si Non Debut como director en solitario
2009 Kynodontas Si Si Si
2010 Attenberg Non Non Si Tamén actor
2011 Alpeis Si Si Si
2015 The Lobster Si Si Si
2017 The Killing of a Sacred Deer Si Si Si
2018 The Favourite Si Non Si
  1. 1,0 1,1 Julien, Stacey G. (2019-02-07). "Yorgos Lanthimos - WTF with Marc Maron podcast". Consultado o 2019-07-14. 
  2. "Ο Γιώργος Λάνθιμος διαπρέπει στο Φεστιβάλ της Βενετίας - GLOW.GR". glow.gr (en inglés). Consultado o 2019-01-24. 
  3. Παπαδογιάννης, Νίκος. "Αντώνης Λάνθιμος: Το μήλο του δεν έπεσε κάτω από τη μηλιά…". Documento (en grego). Consultado o 2019-01-24. 
  4. 4,0 4,1 Sakaridis, Yannis. "10 Greek Filmmakers to Watch". Raindance Film Festival. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  5. "DOGTOOTH - Press Kit" (PDF). Festival Internacional de Cinema de Cannes. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2012. Consultado o 2009-05-23.  Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  6. 6,0 6,1 Pavlaki, Despina (2009-10-25). "Film: Dogtooth". Athens News. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 2 de febreiro de 2011.  Arquivado 06 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  7. "Un Certain Regard Awards Ceremony". Festival Internacional de Cinema de Cannes. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2020. Consultado o 2009-05-23. 
  8. Hernandez, Eugene (2009-05-23). ""Dogtooth" Wins Top Cannes Un Certain Regard Prize". IndieWire. Consultado o 2009-05-23. 
  9. "Nominees for the 83rd Academy Awards". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Consultado o 2011-01-25. 
  10. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 2012-09-12. Consultado o 2011-10-23. 
  11. "2015 Official Selection". Festival Internacional de Cinema de Cannes. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 16 April 2015.  Arquivado 18 de abril de 2015 en Wayback Machine.
  12. Barnes, Henry (24 de maio de 2015). "Cannes 2015: Jacques Audiard's Dheepan wins the Palme d'Or". The Guardian. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  13. Ford, Rebecca (24 de maio de 2015). "Cannes: 'Dheepan' Wins the Palme d'Or". The Hollywood Reporter. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  14. "Oscar Winners 2019: The Complete List". Variety. 24 de febreiro de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]